Programación de Súbete ó Castro entre febreiro e xuño de 2014
Seguro que tedes ganas de coñecer os cursos do Súbete ó Castro para 2014. As actividades deste espazo son todo un éxito, hai pouco publicaron os seus cursos de música e artes escénicas e agora coñecemos un avance amplo da súa programación ata xuño. Esta non será a programación definitiva, pero hai actividades ben interesantes, e lembrade que na Casa da Xuventude e no Punto Xove tamén están a ofrecer obradoiros parecidos.
Obradoiros musicais e de artes escénicas (+ info)
- Combo, baixo eléctrico, técnica vocal, improvisación teatral, etc.
Obradoiros artísticos e de creación propia:
- Calceta: 29 de xaneiro e 5 e 12 de febreiro de 17.00 a 19.00, inscrición aberta
- Encadernación de libretas: 19 e 26 de febreiro de 17.00 a 19.00
- Máscaras de fieltro: martes 18 de febreiro de 17.00 a 19.00
- Maquillaxe de fantasía: martes 4 de marzo de 17.00 a 19.00
- Goma EVA: 21 de marzo de 17.00 a 19.30
- Marcapáxinas: 23 de abril de 17.00 a 18.00, sen inscrición previa (+ info)
- Hamabeads: 25 de abril de 17.00 a 18.30 Inscrición a partir do 11 de abril (+ info)
- Serigrafía téxtil: 9 de maio de 16.30 a 19.00
- Revista Fanzinado: participa con poesías, debuxos, banda deseñada… Fanzinado é unha revista colectiva elaborada en Súbete ó Castro
Formación
- Curso de presentación de traballos con diapositivas, martes 1 e mércores 2 de abril de 17.30 a 19.30
Actividades lúdicas e deportivas
Castroxogos, os sábados ás 18.00
- 22 de febreiro: torneo de Pro Evolution Soccer 2013
- 5 e 12 de abril: torneo de tenis de mesa
- 3 e 10 de maio: xornada de xogos de mesa (+ info)
Castroconcertos
- Venres e sábado, en locais da cidade ata abril e no Castro en verán
Festa de fin de curso
- 21 de xuño ás 17.00, con demostracións das actividades levadas a cabo
Método de inscrición
Estas actividades están dirixidas a mozos e mozas entre os 13 e os 35 anos, a inscrición faise de forma presencial no Súbete ó Castro, a través de subeteocastro@vigo.org, por mensaxe privada en facebook.com/subeteo.castro ou chamando ao 986 485 541. A matrícula para as actividades ábrese 15 días antes da súa celebración ás 16.00, como novidade para este ano aquelas persoas que teñan praza para algunha actividade e falten sen dar aviso non poderán participar en actividades durante 3 meses.
Súbete ó Castro está no Paseo dos Cedros do Monte do Castro, preto da pista de bicis
- Horario: de luns a xoves de 16.00 a 20.00 e venres e sábados de 16.00 a 22.00
- Máis información no 986 485 541 ou en xuventudevigo.org