Nova edición do Festival de Monólogos Lareta en xaneiro e febreiro, agora en Chapela
O Festival de Monólogos Lareta, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística e o Concello de Redondela, só leva dúas edicións en marcha pero xa é un éxito absoluto, echendo todas as representacións da edición do ano pasado que se celebrou en Redondela a finais de 2013. Agora a organización traslada o festival ao Auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela para organizar unha nova edición entre finais de xaneiro e principios de febreiro. O obxectivo é o mesmo: fomentar o uso oral da lingua galega e promover a creación artística daquelas persoas que apostan pola nosa lingua como ferramenta de traballo e comunicación ofrecendo un espazo de lecer e diversión de calidade a un bo prezo.
Lareta 2014: Festival de Monólogos de Redondela, en Chapela
Sábado 18 de xaneiro, ás 20.30
|
Sábado 1 de febreiro, ás 20.30
|
Sábado 25 de xaneiro, ás 20.30
|
Sábado 8 de febreiro, ás 20.30
|
As entradas individuais teñen un prezo de 4€ para o público xeral e de 2€ para público infantil, estudantes e xubilados, tendo que acreditar esta condición en taquilla.
O Multiusos que albergará o festival está en Piñeiral do Crego s/n, Chapela (MAPA, marcado en verde)
- Máis información en servizonlredondela.blogaliza.org
Fonte do mapa: Bibliotecas de Redondela