IV obradoiro de cociña vegana na Cova dos Ratos o sábado 25 de xaneiro
O centro social autoxestionado A Cova dos Ratos organiza unha nova edición do seu afamado curso de cociña vegana, que establece unha data fixa: o derradeiro sábado de cada mes. Nesta nova edición do curso os participantes aprenderán a elaborar un menú 100% vegano que logo degustarán: un paté de cogumelos como entrante, unha hamburguesa de lentellas con cuscús acompañada de salsa veganesa como prato principal e unha mousse de limón de sobremesa. Á dereita podedes ver unha imaxe do anterior obradoiro de cociña, celebrado en decembro.
25 de xaneiro ás 10.30, xantar cos pratos elaborados ás 14.00
O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o día 22 de xaneiro ou ao cubrir todas as prazas. O curso non ten prezo fixo, mais haberá un bote de colaboración para que cada quén aporte o que crea oportuno. Todo o diñeiro recadado irá destinado aos proxectos culturais e autoxestionados da Cova dos Ratos como o seu curso de cestería, os concertos, exposicións, etc.
A Cova dos Ratos está en Rúa Romil, 3
- Inscrición en omonstruodasghalletas@hotmail.com ou no teléfono 636 631 966
- Máis información en covadosratos.wordpress.com