Curso de iniciación á cestería en febreiro no Centro de Artesanía Tradicional

comunicado curso cestería en colmoO próximo mes de febreiro impartirase no Centro de Artesanía Tradicional de Vigo (CAT) un curso gratuito de iniciación á cestería en colmo, impartido polo artesán cesteiro Rubén Berto Covelo e dirixido ao público en xeral.

Trátase dunha técnica tradicional (actualmente en desuso) do cosido en espiral na que se emprega a palla de centeo ou colmo como materia prima. Era moi empregada na confección de sombreiros, aínda que tamén na de cestos para gardar cereal.

O curso terá unha duración total de 12 horas, a repartir entre os mércores do mes de febreiro (días 5, 12, 19 e 26) de 17:00 a 20:00. Ofértanse 10 prazas e require inscripción previa.

Máis información e inscripcións:

  • O Centro de Artesanía Tradicional está na Subida ao Castelo, 10
  • Inscrición: chamando ao 986.244.698 ou na sede do Museo Liste, en r/Pastora, 22

2 comments

  1. Alejandra dice:

    Buenoa días,
    ¿tienen previsto realizar más cursos? ¿Y cursos on line? Resido en Alicante pero me interesa mucho esta tradición.
    Gracias por au atención.
    Un saludo cordial.
    Alejandra.

    • ¡Hola Alejandra! Nosotros no organizamos cursos, esto es un blog informativo. Te recomiendo que te pongas en contacto con el Centro de Artesanía Tradicional (al final del artículo tienes los datos de contacto) por si tienen programado algún curso similar para próximas fechas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*