Parque Infantil de Nadal do 2 ao 8 de xaneiro no Auditorio Mar de Vigo
Estamos no ecuador das vacacións de Nadal dos nenos e seguro que necesitades novas ideas para mantelos entretidos. Pois ben, a partir do xoves 2 de xaneiro levarase a cabo o Parque Infantil de Nadal no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo con numerosas actividades para nenos de todas as idades. A entrada terá un prezo simbólico de 1€ por persoa e sesión. As actividades están pensadas para nenos de entre 1 e 12 anos e o espazo contará como inchables, zona de xogos infantís, espazo exterior multiaventuras e circuíto de vehículos máxicos.
No Parque Infantil de Nadal tamén poderán participar en obradoiros moi variados: música, danza, xornalismo, instrumentos musicais, reciclaxe e papiroflexia. Destacamos o obradoiro de música, no que os nenos aprenderán a bailar música latina, funky, house ou ballet. Neste espazo tamén estará presente o carteiro real e ademais os nenos poderán gozar dos seguintes espectáculos:
- Monicreques de Kukas: tres sesión diarias ás 11.30, 16.30 e 18.40, 2 horas de duración
- Xan Perillán e a Maleta Máxica: os días 2, 3 e 4 de xaneiro
- María Fumaça en concerto: 4 de xaneiro, ás 18.30 horas, entrada 5€
Este é o plano de distribución do Parque Infantil de Nadal no Auditorio Mar de Vigo:
O Parque Infantil de Nadal estará aberto do 2 ao 8 de xaneiro de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30, o domingo 5 de xaneiro permanecerá pechado. A entradas poderán mercarse no propio auditorio, Avda de Beiramar, 59.
- Consulta a programación completa en vigocultura.org
Fonte: xornal.vigo.org
Boas, unha dubida, a entrada dun euro que corresponde a entrar no recinto ou nas actividades
?
Graciñas
Entrada al recinto, excepto en el caso del concierto de María Fumaça.