Obradoiros de fotografía básica en Xaneiro na Cova dos Ratos
O centro social e cultural autoxestionado A Cova dos Ratos comeza a anunciar as actividades para o ano 2014: obradoiros, cursos e outros eventos como concertos ou proxeccións nos que pretenden ofrecer unha actividade cultural e formativa alternativa e aberta a todos na nosa cidade. Para comezar o novo ano teñen preparados tres obradoiros de fotografía básica para principiantes que se levarán a cabo todos os sábados de xaneiro pola tarde a partir do día 11. Este obradoiro será impartido polo fotógrafo David Barreiro, do colectivo Espejo Negro. A continuación podedes ver os temas que se tratarán en cada un dos obradoiros.
11 de xaneiro: técnica fotográfica básica I
- Qué é a fotografía? Tipos de cámara fotográfica, tipos de obxectivos, modos de medición da cámara e regras standard de composición
18 de xaneiro: técnica fotográfica básica II
- O enfoque: tipos e posibilidades, a velocidade de obturación, o diafragma, a profundidade de campo e a sensibilidade ISO
25 de xaneiro: técnica fotográfica básica III
- Coñecer e interpretar a luz, os seus factores e efectos, grandes maestros da iluminación, e a luz continua e flash de cámara
Todos os obradoiros comezan ás 19.30 e teñen unha duración de 3 horas. Os obradoiros non teñen un prezo fixo, pero como en todas as actividades da Cova dos Ratos, haberá un bote comunitario para que cada participante faga unha aportación económica que considere necesaria. Con este bote axúdase a manter a actividade deste centro social. A matrícula a cada sesión é independiente e as prazas son limitadas, podes apuntarte a través de facebook.com/cova.ratos ou no teléfono 886 164 365.
A Cova dos Ratos está en Rúa Romil, 3
- Máis información en covadosratos.wordpress.com