Andaina Saudable polo Monte Faro en Valença do Minho o 14 de decembro
A Eurocidade Tui/Valença ten preparada para este sábado 14 de decembro a derradeira ruta do ano dentro do seu programa de Andainas Saudables. Este programa contou na presente edición cun total de 17 percorridos polos municipios de Valença e Tui, e cunha participación dunhas 2.000 persoas. Esta ruta terá o seu inicio ás 10.00, hora española, dende o punto de encontro no Monte Faro en Valença do Minho tendo un percorrido de 11 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade fácil. Agardamos que disfrutedes desta derradeira camiñada, estaremos atentos ao anuncio das novas camiñadas da Eurocidade Tui/Valença para o 2014.
Como todas as Andainas Saudables anteriores, trátase dunha actvidade totalmente gratuíta na que non é necesario inscribirse. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro do Monte Faro quedarase ás 09.45, hora española, no aparcamento do Lidl de Valença na Avenida Doutor Tito Fortes, prégase puntualidade.
Toda a información en Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables en Facebook