48º Concurso de Beléns Novacaixagalicia do 12 de decembro ao 6 de xaneiro
A partir do xoves 12 de decembro estamos todos convidados a ver os beléns participantes no tradicional Concurso de beléns que tradicionalmente organiza a Fundación Novacaixagalicia na nosa cidade por estas datas. A mostra estará aberta ao público na Sala de Exposicións do Centro Cultural de Vigo ata o 6 de xaneiro. A presente edición é a cadraséximo oitava e nela poderemos ver case unha centena de beléns realizados de forma individual ou por colectivos escolares, culturais e sociais de toda Galicia. As obras serán valoradas por un xurado que ao final da exposición entregará varios premios entre os mellores beléns tendo en conta a confección das figuras presentadas, composición do conxunto, orixinalidade, unidade de estilo, grao de dificultade e execución.
48ª edición, con entrada solidaria: como novidade este ano a entrada ao Concurso de Beléns da Fundación Novacaixagalicia será unha doazón ao Banco de Alimentos de Vigo. O horario de apertura da exposición é o seguinte:
- Do 12 ao 20 de decembro: luns a venres de 17.00 a 20.30 e sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30
- A partir do 23 de decembro: todos os días de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30
- Pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro
A mostra estará nas salas de exposición do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia Vigo en rúa Policarpo Sanz, 13 (entrada pola Rúa Reconquista)
Fonte: vgomagazine.wordpress.com