Actividades infantiles Bases concurso Vente cos Reis Magos 2014 PEQ

Publicado el 2 de diciembre de 2013 | por Fer Martínez

0

Sorteo de corenta prazas para os nenos vigueses na Cabalgata de Reis 2014

Un ano máis un pequeno grupo de nenos vigueses terá a sorte de poder acompañar aos Reis Magos na tradicional cabalgata do 5 de xaneiro. A Concellería de Cultura e Festas convoca o sorteo destas prazas que será totalmente aleatorio e do que coñeceremos o resultado o luns 23 de decembro ao mediodía. Neste concurso poderán participar todas as nenas e nenos da cidade que o desexen, a única limitación será a idade: por motivos de seguridade só poderán participar os nacidos entre o 1 de xaneiro de 2001 e o 31 de decembro de 2005.

A inscrición no sorteo pódese realizar desde hoxe 2 de decembro ata o martes 17 de decembro ás 20.00. Para participar no sorteo Vente cos Reis Magos 2014 será necesario cubrir o boletín de inscrición que poderá recoller na oficina de Información da Lonxa do Concello na Praza do Rei. As inscricións poderán depositarse nas caixas de correos do Carteiro Real que se instalarán na citada Lonxa do Concello e nos centros cívicos dos barrios de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns. Serán seleccionados corenta nenos e doce suplentes, son moi poucas prazas e participan moitos nenos polo que aconsellamos que se queredes apuntar aos vosos rapaces só llo contedes se son seleccionados no sorteo para que leven una boa sorpresa.

Máis información nas bases do sorteo

  • Servizo de Atención Cidadá, 010
¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑