Charlas y conferencias Cartel_XXIII_Semana_Cine_Submarino (Custom)

Publicado el 20 de noviembre de 2013 | por Fer Martínez

0

XXIII Semana do Cine Submarino de Vigo do 26 ao 28 de novembro

A Semana de Cine Submarino de Vigo é un dos tres festivais que existen en España neste eido e o único non ligado a un festival de cine tradicional. Levarase a cabo no Centro Cultural Novacaixagalicia entre o martes 26 e o xoves 28 de novembro. Este festival organizado pola Universidade de Vigo convida a toda a cidadanía viguesa a descubrir os segredos, o esplendor e a beleza dos mares de Vigo e do resto do mundo. Poderemos desfrutar de pezas nacionais sobre ecosistemas acuáticos máis cercanos e tamén descubriremos lugares lonxanos a través de producións internacionais.

Cada xornada tralas proxeccións levarase a cabo una mesa redonda con varios expertos no cine submarino e algúns dos creadores das obras proxectadas, entre eles destaca Leandro Blanco, un dos mellores realizadores do sector do documental mariño que contra con traballos para a BBC e a National Geographic Society. As proxeccións para o público xeral comezan ás 20.00 e a entrada é de balde ata completar aforo. Polas mañás a actividade están reservadas para os centros educativos.

Martes 26 de novembro

Semana Cine Submarino 2 PEQ

O FESTÍN DO CROCODILO de Craig Foster e Damon Foster (50 min)

Este documental ofrece a posibilidade de observar a incrible ferocidade na alimentación do crocodilo como nunca antes se vira, e como un home intenta o impensable ao mergullarse entre estes perigosos cazadores no delta do Okawango (Botsuana).

Semana Cine Submarino 1 PEQ

NAS AUGAS DO NORTE IBÉRICO: OS RÍOS de Manuel Pedrosa e David Suárez (30 min)

Somerxerémonos en valiosos recunchos naturais dos ríos do norte que agochan unha biodiversidade adaptada ás cambiantes condicións dos ecosistemas fluviais. Parte da precipitación infíltrase no subsolo e permanece nos acuíferos máis de cen anos antes de aflorar de novo en mananciais de augas minerais.

CONVIDADOS: Manuel Pedrosa, biólogo, produtor e realizador e David Suárez, experto naturalista e cámara subacuático.

Mércores 27 de novembro

Semana Cine Submarino 3 PEQ

CRÓNICAS DO MAR de Leandro Blanco (90 min)

Recompilación persoal de Leandro Blanco tras 25 anos de filmacións. Neste audiovisual, baseado nas imaxes elixidas por el mesmo como as máis interesantes da súa carreira, levarannos polos mares máis remotos do planeta. Non é un documental de longa duración, é un carrusel de momentos e situacións vividas.

CONVIDADO: Leandro Blanco, recoñecido en todo o mundo como un dos mellores realizadores de cine submarino, entre os máis de cen premios internacionais recibidos, destaca o de mellor realizador outorgado pola BBC Wildlife Magazine.

Xoves 28 de novembro

Semana Cine Submarino 5 PEQ

A VIDA SECRETA DOS PEIXES: O RARO, O ESTRAÑO E O DESCOÑECIDO de Manuel Lefévre (30 min)

Unha nova visión dos personaxes secundarios do universo submarino, esenciais para completar o gran teatro da vida submarina. Pequenos crustáceos que habitan nos crinoideos, plumas de mar, anemones, gobios, sepias…, viven nun fondo de areas volcánicas no estreito de Lembeh (Indonesia).

Semana Cine Submarino 4 PEQ

MARCADOS PARA SOBREVIVIR de Jorge Irisarri e Manuel Uhía (52 min)

O documental describe os avances realizados nos últimos anos no estudo de peixes, raias e centolas na costa de Galicia e de quenllas peláxicas no océano Atlántico. A información así obtida será clave para establecer criterios de pesca responsable e sostible que preserve estas especies.

CONVIDADOS: David Villegas e Gonzalo Mucientes, investigadores no grupo de Ecoloxía Pesqueira do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC).

Máis información en extension.uvigo.es

  • Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia Vigo en Policarpo Sanz, 13

Fonte: duvi.uvigo.es

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑