Actividades infantiles aniversario marco vigo

Publicado el 13 de noviembre de 2013 | por Fer Martínez

0

Celebra o 11º aniversario do MARCO os días 15, 16 e 17 de novembro

Hoxe 13 de novembro estamos de celebración, o noso Museo de Arte Contemporánea cumpre once anos. Con motivo desta celebración esta fin de semana terá lugar a Festa do 11º Aniversario, cun programa de actividades para públicos de todas as idades, que se suman ás dúas exposicións que se mostran en salas, ademais os horarios do MARCO serán máis amplos do habitual. A entrada ao museo e as actividades serán de balde.

Horarios especiais de apertura

  • Venres 15 e domingo 17: de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
  • Sábado 16: de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 02.00

image008

‘11 anos do MARCO’ Visitas guiadas por salas

Durante toda a fin de semana, o público terá ocasión de percorrer os espazos do MARCO na compaña dos monitores de sala, con visitas guiadas ás exposicións ‘VERANEANTES’ (na planta baixa) e ‘Unha máquina desexa instrucións como un xardín desexa disciplina’ (no primeiro andar).

  • Venres, sábado e domingo ás 12.30, 17.30 e 19.00

image002

REGION 0: The Latino Video Art Festival of New York

Unha selección de vídeos monocanle, representativa das tendencias actuais no ámbito da creación audiovisual.

  • En continuidade, venres de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 19.00; sábado de 11.00 a 14.30; domingo de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 no Salón de Actos

ARTISTAS 3º Proxecto de visibilización das obras das alumnas da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo

image014

Exhibición de postais, a disposición do público, das obras participantes neste proxecto promovido pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

  • A partir do mércores 13 de novembro no Vestíbulo Principal
  • Presentación do proxecto o venres 15 ás 20.00 no Salón de Actos

image005

Asolagados: proxección do documental e coloquio

O documental Asolagados narra o antes e o despois dos pobos e xentes anegados polas augas do río Miño tras a construción do encoro de Belesar en 1963.

  • Sábado 16 ás 17.00 no Salón de Actos
  • Coloquio coa participación do director David Vázquez, e Afonso Eiré

‘1+1 = 11?’ Obradoiros infantís para público familiar

image006

O programa educativo do MARCO desenvólvese en paralelo á exposición VERANEANTES, sacando partido dos contidos da mostra e das súas posibilidades didácticas. Cara á festa desta fin de semana amplíase o horario das actividades e talleres para familias

  • Sábado e domingo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 no Laboratorio das Artes (1º andar)
  • Para nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de persoas adultas

image007

O estado salvaxe. Espanha 1939 Performance de Pablo Fidalgo Lareo

Dentro da exposición VERANEANTES, o ciclo ‘Material Memoria’ é un programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que ten lugar cada fin de semana no Patio 1.

  • Venres e sábado ás 19.30 no Patio 1 (Planta Baixa)

image011

Concerto Open End: Vertixe Sonora Ensemble

Diego Ventoso (percusión), Celia Adrián (acordeón). Vertixe Sonora explora novas formas de concerto e de achegamento á escoita, fóra dos recintos habituais.

  • Sábado ás 23.00 no MARCO restaurante&café

PECHA KUCHA Night Vigo. Vol. 3

image012

Formato de presentación nacido en Tokio en 2003 como punto de encontro de novos deseñadores, que hoxe en día se celebra en máis de 700 cidades. Baixo un áxil formato 20×20 (20 imaxes x 20 segundos), e nun ambiente de reunión informal, participantes de múltiples ámbitos creativos presentan os seus proxectos e iniciativas.

  • Sábado ás 21.00 no Salón de Actos

E ademais:

  • Brinde polo décimo aniversario da Asociación de Amigos do MARCO o venres ás 21.00 na Rotonda Central
  • Especial Aniversario na tenda-librería RESCRÓMICA con descontos nalgúns artigos

¡Compártelo!

Tags: , , , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑