Cursos y talleres cociña vegana cova dos ratos peq

Publicado el 12 de noviembre de 2013 | por Fer Martínez

0

Obradoiro de cociña vegana na Cova dos Ratos o 23 de novembro [COMPLETO]

A centro cultural autoxestionado A Cova dos Ratos acaba de anunciar un novo obradoiro de cociña vegana. Levarase a cabo o sábado 23 deste mes e as receitas están elaboradas con produtos 100% vexetais a un prezo económico. No menú que se preparará no obradoiro atopamos un paté de cenouras de primeiro, albóndegas de soia con puré de pataca como prato principal e un biscoito de castañas e licor café de sobremesa. Se queres aprender a cociñar estes pratos non o dubides e apúntate, hai 20 prazas pero esgótanse moi rápido. O obradoiro comeza cedo pola mañá e á hora do xantar degustaranse os pratos elaborados.

O sábado 23 de novembro a partir das 10.30

Para inscribirte neste curso tes que contactar coa organizadora, Xandra Táboas, a través do teléfono 636 631 966 ou do correo electrónico omonstruodasghalletas@hotmail.com, tes ata o 19 de novembro para facelo, ou ata que se cubran as prazas. O obradoiro non ten un prezo fixo e todos os materiais e ingredientes están incluidos, haberá un bote para que cada participante aporte o que considere oportuno. Estas aportacións permiten que A Cova dos Ratos continúe coas súas actividades.

A Cova dos Ratos está na rúa Romil, 3

¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑