Cursos y talleres cartel-TALLER-FACTURA-ELECTRICA_VIGO_2013 PEQ

Publicado el 11 de noviembre de 2013 | por Fer Martínez

0

Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila con ADICAE o 21 e 23 de novembro

A Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros ADICAE é unha asociación de consumidores que trata de fomentar un consumo crítico, responsable e participativo mediante a formación e a movilización da cidadanía galega. Entre as súas principais actividades está a organización de actividades formativas e a vindeira semana teñen preparado un obradoiro, posto en marcha coa colaboración do Instituto Galego de Consumo, co obxectivo de sensibilizarnos e formarnos sobre todos os problemas que poden xurdir coa factura de electricidade e aclarar todas as dúbidas ao respecto. Dende un punto de vista práctica aprenderemos a entender a factura da luz e a reducila na medida do posible. Para participar neste obradoiro é necesario inscribirse, a continuación contámoste como facelo.

Este obradoiro impartirase o xoves 21 de novembro entre as 18.30 e as 20.30 na sede da ADICAE en Vigo, na rúa Velázquez Moreno. Trátase dun obradoiro gratuíto, aberto a toda a xente interesada e con 35 prazas disponibles. [Prazas completas!] Se estás interesado en participar, podes facelo a través de vigo@adicae.net ou no 986 226 642.

**Actualización 14/11/2013**

Debido ao grande éxito da convocatoria o curso do xoves 21 está completo, ADICAE organiza unha nova quenda para o seu obradoiro sobre a factura eléctrica, será o sábado 23 de novembro de 10.30 a 12.30. Hai 35 prazas disponibles e tamén será impartido na sede de ADICAE en Vigo.

ADICAE Galicia (Delegación de Vigo) en Velázquez Moreno 9, 5º oficina 2

¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑