Lareta 2013, festival de monólogos de Redondela en novembro e decembro
Entre os meses de novembro e decembro vaise celebrar en Redondela a segunda edición do seu festival de monólogos Lareta. Nesta edición poderemos desfrutar do humor de Luis Zahera, Quico Cadaval, Sergio Pazos e Cándido Pazó que ofrecerán actuacións para os adultos e tamén contaremos cunha función adicada aos máis cativos a cargo de Paula Carballeira. Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, este evento trata de pór en valor o galego e os artistas que empregan a lingua galega nas súas obras. Todas as funcións serán no Auditorio da Xunqueira e os prezos das entradas serán low cost, como no ciclo de teatro de outono que está a piques de rematar.
16 de novembro MONOLOGOTERAPIA de Luis Zahera |
07 de decembro CONTOS PARA ACABAR COS MEDOS de Paula Carballeira
|
23 de novembro EDIPO de Quico Cadaval |
|
30 de novembro SÉ GALEGO, MY FRIEND de Sergio Pazos |
21 de decembro HISTORIAS E HISTERIAS de Cándido Pazó |
Todas as funcións serán ás 20.00, hai a posibilidade de mercar un bono de 16€ para ver as 5 representacións ou de 8€ se somos estudantes ou xubilados. As entradas individuais teñen un prezo de 4€ para o público xeral, de 2€ para os nenos na función infantil e de 2€ para estudantes e xubilados, tendo que acreditar esta condición en taquilla.
O Multiusos da Xunqueira está en Paseo da Xunqueira s/n, Redondela
- A venda de entradas anticipadas farase dende o dous días previos a cada representación na recepción do Multiusos da Xunqueira
- Máis información no 986 402 865 e en redondela-server.net