Programación cultural en novembro e decembro no Auditorio Municipal do Concello de Vigo
O Auditorio municipal ten programadas 16 actividades durante os meses de novembro e decembro. Os espectáculos para público xeral se levarán a cabo os venres pola noite e os de público familiar serán os domingos pola tarde. As entradas dos venres custarán 7€ e as dos espectáculos familiares dos domingos 3€ para menores de 12 anos e 5€ para adultos. A programación dirixida ao público adulto inclúe pezas cómicas, dramas, música de autor e folk e como novidade este ano se inclúen dúas pezas de monicreques para adultos. Na sección para o público familiar poderemos desfrutar de espectáculos de monicreques, de mímica, de teatro musical e contemporáneo e de maxia.
Programación cultural de artes escénicas para novembro e decembro de 2013
Venres 1 de novembro, teatro: SEXPEAREMENTE
|
Domingo 3 de novembro, teatro: EL GALLO DE LAS VELETAS
|
Venres 8 de novembro, concerto: JANE JOYD
|
Domingo 10 de novembro, teatro: CLINC!
|
Venres 15 de novembro, teatro: ADIÓS BIENVENIDA
|
Domingo 17 de novembro, teatro: NORA
|
Venres 22 de novembro, teatro: DECAMERÓN, HISTORIAS PARA TEMPOS CRÍTICOS
|
Domingo 24 de novembro, teatro: AURORA
|
Venres 29 de novembro, teatro: TOP MANTA
|
Domingo 1 de decembro, teatro: LA VUELTA AL MUNDO
|
Venres 6 de decembro, concerto: RIOBÓ
|
Domingo 8 de decembro, teatro: O PRÍNCIPE E O PARRULO
|
Venres 13 de decembro, teatro: GAIVOTAS SUBTERRÁNEAS
|
Domingo 15 de decembro, teatro: O SOLDADIÑO DE CHUMBO
|
Venres 20 de decembro, teatro: EL FANTÁSTICO VIAJE DE JONÁS EL ESPERMATOZOIDE
|
Domingo 22 de decembro, maxia: ILUSIONANTE
|
Consulta o programa completo en vigocultura.org
As entradas e abonos para os espectáculos poderán mercarse de forma anticipada a través de Servinova ou ben en Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26), recomendamos a compra na taquilla de Central de Espectáculos xa así aforramos as comisións de venda online. Existe a opción de elixir abonos á carta para 5 espectáculos (con 15% de desconto sobre o prezo total) ou 10 espectáculos (cun 25% de desconto). Tamén se poden mercar as entradas no día do espectáculo na taquilla do auditorio.
O Auditorio Municipal do Concello de Vigo atópase na Praza do Rei
- Venda anticipada en servinova.com e centralespectaculos.com
Fonte: xornal.vigo.org