13ª Noite Meiga en Ribadavia o 2 de novembro
Os que nos ledes a diario xa sabedes que non só falamos de Vigo e moitas veces publicamos eventos ou iniciativas interesantes no Morrazo ou o Val Miñor. Aínda así de cando en vez saímos a outros terreos, que seguen a estar preto pero non pertencen á bisbarra de Vigo. Neste caso achegámonos a Ribadavia para falar da súa Noite Meiga, un evento no que as meigas, lobishomes e outros seres escuros ocupan a vila. Unha noite onde a néboa e a oscuridade cubren a paisaxe de Ribadavia, onde o misterio rexorde de entre os rincóns máis ocultos. Durante a noite do dous de novembro os máis atrevidos poderán desfrutar dun gran número de actividades: concursos, pasaxe do terror, desfiles de disfraces, teatro, música… todo ambientado no mundo de ultratumba propio desta celebración inspirada no Samaín.
21.00 Escola de menciñeiros e Xincana do terror, actividade infantil, no patio do Instituto de Ribadavia22.00 Gran desfile da Noite Meiga, saída do instituto e paso por Rúa Carballiño, Rúa Ribeiro, Rúa Progreso e Praza Maior
23.00 a 02.00 Pasaxe do terror no castelo de Ribadavia, espectáculo para maiores de 12 anos, entradas 4€ 23.00 a 2.00 Mercado Meigo con bebedizos mortais na Praza Maior, artesanía, roupa e obxectos curiosos 23.00 a 1.00 Taller de maquillaxe na Praza Maior, para todas as idades |
23.00, 23.45 e 00.45 Teatro: Os Clásicos Na Noite Meiga na Igrexa da Madalena, entrada 1€23.30 Aquelarre das meigas cos tabaleiros na Praza Maior e ás 00.30 na Rúa Progreso
00.00 Concurso de meigos: entrega de premios 00.15 Gran Queimada na Praza Maior 01.00 Concerto de fin de festa con Niños de Velcro no Club Artístico, entrada libre 02.00 Concurso de disfraces: entrega de premios |
Como podedes ver a maioría das actividades estarán localizadas na Praza Maior de Ribadavia e unha gran parte delas son de balde ou teñen prezos low cost, ademáis o pobo de Ribadavia ten experiencia con este tipo de festas, paga a pena achegarse ata alí. Desde a organización recomendan ir disfrazados de meiga, druída, pantasma ou calquera tipo de criatura da escuridade que se nos ocorra, se non queremos ir disfrazados recoméndase asistir vestidos de negro, para ir acorde co ambiente desta festa. Animádevos, toda a vila colaborará coa decoración das casas, locais e rúas.
Máis información
- Programa completo de actividades en noitemeigaribadavia.blogspot.com
- De Vigo a Ribadavia hai una hora de coche aproximadamente