Conciertos no image

Publicado el 22 de octubre de 2013 | por Fer Martínez

1

Programación cultural de outono na Cidade Universitaria da Universidade de Vigo

O equipo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo ven de anunciar a programación cultural que se levará a cabo no campus da nosa cidade neste trimestre. Música tradicional, contemporánea e teatro con entrada libre entre os meses de outubro e decembro en varios espazos da Cidade Universitaria e no Centro Cultural Novacaixagalicia no caso do concerto de Nadal, sendo neste caso con entrada a través de invitación. A programación bota a andar coa actuación de Fuel Fandango o mércores 23 de outubro no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria.

Programación cultural outobro/decembro 2013

FUEL FANDANGO

fuel fandango

Este dúo cordobés presenta o seu último disco Trece Lunas, o segundo da súa carreira dende que Nita, cantante procedente da copla e o flamenco, unise forzas con Ale Acosta, ex de Mojo Project.

  • Mércores 23 de outubro ás 18.30
  • Teatro da Cidade Universitaria

VERTIXE SONORA ENSEMBLE, unha plataforma para a creación e divulgación de música contemporánea internacional, ao abeiro da cal se estrean en Galicia obras de compositores de todo o mundo.

Xardín Urbano: o mexicano Víctor Ibarra (saxofón tenor e violonchelo) e o arxentino Santiago Díez (trío amplificado para saxofón, violonchelo e percusión)

vertixe sonora ensemble

  • Xoves 31 de outubro ás 13.45
  • Vestíbulo da ETSE de Minas

O Gran Cabrón: da man do belga Stefan Prins (teclado midi, electrónica en vivo e vídeo) e o español Germán Alonso (saxofón barítono e electrónica en vivo).

  • Xoves 14 de novembro ás 14.15
  • Centro Comercial da Cidade Universitaria

ACTION MAN de Yllana

action man yllana

Neste espectáculo Raúl Cano, só sobre o escenario, dá vida a diversos personaxes e situacións, empregando a súa habilidade para a mímica, xeneroso dominio do corpo cun estilo propio e unha magnífica e precisa sonorización. Un Superagente Especial na súa última misión, vese envolvido nunha serie de situacións cómicas que beben do mellor humor cinematográfico, televisivo e do cómic.

  • Xoves 7 de novembro ás 18.30
  • Teatro da Cidade Universitaria

WALTZ de Voaora

waltz voadora

Un musical Voadora sobre o amor, pequena ópera portátil para teatros e espazos non convencionais. En Waltz a vida é un salón de baile onde imos cambiando de parella: hainas que che pisan os pés, outras che agarran forte pola cintura, a algunhas lles súan as mans e con outras bailarías toda a eternidade…

  • Mércores 20 de novembro ás 18.30
  • Teatro da Cidade Universitaria

CAMARADA NIMOY

Camarada+Nimoy++2012 PEQ

Surf terror, electrónica, swing  e moito máis conforman esta proposta musical na que as proxeccións arroupan a esta banda de Vigo. Camarada Nimoy non é unha banda de *urf nin de swing nin de jazz, pero vense influenciados por estes xéneros, sen poñer cancelas ás posibilidades sonoras, pero coa idea de ser reconocibles.

  • Mércores 4 de decembro ás 18.30
  • Teatro da Cidade Universitaria

Concerto de Nadal: SONDESEU + convidados

sondeseu

Tocarán por primeira vez os temas do seu último traballo, Danzas Brancas acompañados por convidados como o excéntrico chelista californiano Rushad Eggleston e a banda O Fiadeiro, unhas das formación folclóricas máis importantes de Galicia. A orquestra conta cunha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama español e internacional, con tres publicacións discográficas (Mar de Vigo, Trastempo e Barlovento) e numerosos recoñecementos públicos.

  • Mércores 18 de decembro, entrada con invitación
  • Centro Cultural Novacaixagalicia

Máis información en extension.uvigo.es

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Una respuesta a Programación cultural de outono na Cidade Universitaria da Universidade de Vigo

  1. Antonio dice:

    O 7 Yllana no Campus ás 18:30, e logo, as 21:30, no A Gula en Hispanidade, Quico Cadaval (4 €). Dá tempo de ver ós dous se se fai trasbordo ó salir dos Yllana no U1, U2 ou o 8 co 16 (Circular inversa)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑