9º Certame Audiovisual Secuencia Cero os días 24, 25 e 26 de outubro
Tras un ano de parón retoma a actividade na nosa cidade o certame de curtametraxes, documentais e animación Secuencia Cero. Entre o xoves 24 e o sábado 26 poderemos desfrutar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo de 20 obras escollidas entre máis de 150 presentadas. Entre os traballos a proxectar atopamos por exemplo A Story for the Modlins, gañador do Goya á mellor curta documental ou Fracaso Escolar, da directora Gracia Querejeta. Cada día do certame teremos dúas sesións nas que poderemos ver de cinco a oito pezas audiovisuais. Andade con ollo, porque se asistides ao certame máis de un día pode que vexades algunha repetida.
Programación do 9º Certame Secuencia Cero do 24 ao 26 de outubro
Durante os tres días a primeira sesión será de 19.00 a 20.20 e a segunda de 20.30 a 21.30, a entrada a cada sesión custará 1€ e estarán á venda na propia taquilla do auditorio, na Praza do Rei.
Máis información en vigocultura.org
A escena audiovisual de Vigo está volvendo con forza. Bravo!