Cursos gratuítos de imaxe, son e informática en Vigosónico durante novembro
O espazo Vigosónico dependente da Concellería de Xuventude e sito no Parque Tecnolóxico de Valladares ofrece unha nova quenda de cursos de balde dirixidos á mocidade viguesa entre 13 e 35 anos. Nesta ocasión ofrécense seis cursos: deseño de sitio web con WordPress, deseño gráfico e publicacións con software libre, informática para traballar, gravación musical e iniciación á fotografía dixital.
Prazo de inscrición xa aberto en xuventudevigo.org
Sitio web con WordPress: iniciación
- 14 horas
- Martes 5, 12, 19 e 26 de novembro
- De 17.00 a 20.30
Software libre, gráficos e publicacións: iniciación
- 14 horas
- Mércores 6, 13, 20 e 27 de novembro
- De 17.00 a 20.30
Informática para traballar
- 14 horas
- Xoves 7, 14, 21 e 28 de novembro
- De 17.00 a 20.30
Curso básico de gravación musical
- 14 horas
- Venres 8, 15, 22 e 29 de novembro
- De 17.00 a 20.30
Iniciación á fotografía dixital
- 6 horas
- 1ª quenda: sábados 9 e 16 de novembro
- 2ª quenda: sábados 23 e 30 de novembro
- De 17.00 a 20.00
Vigosónico atópase en Estrada do Portal, s/n (MAPA) na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valladares, ao lado do vial de baixada da universidade. Podedes chegar ata alí nas liñas de Vitrasa U1, C7 e L8.
- Formulario de inscrición: xuventudevigo.org
ola mira ace falta tener camara ??
Hola Tamara, eso lo tendrías que consultar con Vigosónico (986 475 403) de martes a domingo, de 16.00 a 22.00.
Un saludo y gracias por leernos.
Hola,buenas tardes.Me dedico al mundo del espectáculo pero mi edad parece ser que ya no me permite acceder al curso de grabación musical.¿No existen excepciones?¿Por qué si necesito ese curso y me sería útil para mi trabajo, y mi situación económica no me permite pagarme un curso similar no puedo aprovechar esta oportunidad por….¿mi edad?
Hola Olga, se trata de actividades dirigidas a jóvenes entre 13 y 35 años porque están organizadas por la Concellería de Xuventude.
Un saludo.
Muchas gracias por responderme.