Visitas guiadas de balde ao Parque Arqueolóxico Rupestre de Campo Lameiro cada fin de mes
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, preto de Pontevedra está a ofrecer visitas guiadas gratuítas aos visitantes que se achegan na derradeiro fin de semana de cada mes. Nun día normal estas visitas terían un custe de 2€ por persoa. A visita guiada é de balde pero hai que pagar a entrada ao recinto, que ten un prezo de 6€ para o público xeral e de 3,50€ para nenos, maiores de 65 anos, desempregados e universitarios. Deste modo polo prezo dunha entrada ordinaria temos a oportunidade de coñecer moito mellor o Parque Arqueolóxico grazas aos profesionais que traballan neste espazo.
Descobre o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Ao se tratar dunha actividade de balde, os grupos teñen un aforo limitado, polo que é recomendable facer reserva previa. Ben a través do teléfono 986 696 066, ou mediante correo electrónico a reservas@paar.es. A visita guiada ten aproximadamente 90 min de duración, permite coñecer as características do Parque Arqueolóxico e visitar tres das principais estacións con gravados rupestres e acceder á recreación do poboado da Idade do Bronce. Realízanse en dúas quendas, ás 12.00 e ás 16.00.
Máis información en paar.es
- Como chegar
- Horario de tempada baixa: de martes a domingo de 10.00 a 18.00
- info@paar.es
- 986 696 066
Fonte: xuventudevigo.org