Actividades infantiles no image

Publicado el 3 de octubre de 2013 | por Fer Martínez

0

Programa medioambiental Camiño a Camiño para o outono 2013

CAMIÑO A CAMIÑO programa PEQ

Preme para ampliar

A Concellería de Medio Ambiente ven de presentar a programación de Camiño a Camiño para o outono, cunha ampla oferta de percorridos medioambientais, con novas actividades de voluntariado medioambiental e de hortas urbanas e coa habitual oferta formativa. Este programa comeza xa esta semana cun curso de voluntariado ambiental o sábado e o percorrido pola Lagoa de Mol, que se celebrará este domingo. Camiño a Camiño ten como obxectivo a sensibilización medioambiental e o fomento de hábitos saudables entre a cidadanía viguesa. Nesta edición céntrase a atención na Senda panorámica de Vigo (GR-53) e en espazos singulares de Vigo e bisbarra. Refórzase a actividade das hortas-escola coa apertura de novos espazos e prosiguen as accións formativas e as accións dirixidas a público infantil en Vigozoo.

Estas actividades, na sua maioría son de balde e están dirixidas a persoas empadroadas en Vigo. No caso de non estar empadroado incluirase ao solicitante nunha lista de agarda e poderase acceder ás vacantes os días previos á actividade. (máis información sobre o metodo de inscrición)

PERCORRIDOS MEDIOAMBIENTAIS

Sendeiro panorámico de Vigo e paseos fluviais

  • 6 outubro: Vigozoo – Lagoa de Mol (+ info)
  • 13 outubro: Parque Forestal de Bandeira – P.F. de Beade (+ info)
  • 20 outubro: P.F. de Beade – Monte Alba (+ info)
  • 27 outubro: Monte Alba – Saiáns (+ info)
  • 17 novembro: Percorrido polo río Zamáns (+ info)
  • 24 novembro: Percorrido polo río Eifonso (+ info)
  • 1 decembro: Percorrido polo río Lagares

A saída será ás 9.30 desde a Praza do Rei e a convocatoria ás 9.00, o retorno (estimado) será ás 14.00 na Praza do Rei. O desprazamento será en autobús urbano e é gratuíto.

Aloia camiño a camiño PEQ

Espazos singulares

  • 3 novembro: Percorrido pola Ecopista do río Miño (+ info)
  • 10 novembro: Percorrido por Baños de Molgas (+ info)

A saída será ás 9.30 desde a Praza do Rei e a convocatoria é ás 9.00, o retorno (estimado) será ás 19.00 na Praza do Rei. O desprazamento será en autobús discrecional a conta dos participantes, a achega é de 7€ para os adultos e de 3,5€ para os menores de 12 anos, a pagar no lugar de convocatoria.

Todas as saídas dos percorridos medioambientais contarán con dous trazados de distinta dificultade: o longo de máis de 9 km e o curto de menos de 9 km adaptado a familias con nenos pequenos ou persoas con mobilidade limitada. A inscrición debe realizarse no 010 na semana da actividade o seu horario é de luns a xoves de 8.00 a 20.00. Hai un máximo de 300 prazas por percorrido.

Ecosistemas de montaña: bidueiral de Montederramo (+ info)

Visita con pernocta os días 9 e 10, 16 e 17 ou 23 e 24 de novembro cun prezo de 65€ (inclúe desprazamento, estadía e manutención agás o xantar do sábado). Montederramo está en Castro Caldelas, Ourense. Preinscrición no 010 con dúas semanas de antelación e inscrición na Casa da Xuventude ata o xoves da semana previa.

CURSOS DE FORMACIÓN

voluntariado camiño a camiño PEQ

Cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental os sábados 5 de outubro e 2 de novembro. De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies, no río Lagares e demais actuacións é preciso este curso. Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.

  • De 9.30 a 13.30 no Vigozoo
  • Destinado a maiores de idade, ata 90 persoas
  • Inscrición no 010 na semana da actividade, de luns a xoves de 8.00 a 20.00

Cursos básico de hortas urbanas os sábados 19 de outubro, 24 de outubro, 2 de novembro e 9 de novembro. Para fomentas as hortas urbanas cómpre dispór duns conceptos básicos que se subministran neste curso e, logo, por suposto polos en práctica tanto en recintos particulares como en recintos municipais que se habiliten ao efecto. A realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola e no voluntariado de hortas urbanas (para o voluntariado tamén hai que ter o curso de voluntariado).

  • Os sábados de 10.00 a 13:30 e o xoves de 16.30 a 20.00 no Vigozoo
  • Destinado a maiores de idade ata 50 persoas
  • Inscrición no 010 na semana da actividade, de luns a xoves de 8.00 a 20.00
  • Achega de 5€, a pagar no momento de entrada en Vigozoo

VOLUNTARIADO CAMIÑO A CAMIÑO (+ info)

HortaCamelias-1

A participación nos programas de educación medioambiental complétanse coa posibilidade que teñen todos os veciños e veciñas de Vigo de colaborar nas políticas medioambientais desenvoltas dende o Concello e Vigo. Este programa iniciado na primavera de 2012 está atendendo nestes momentos diversos frentes coma a conservación do río Lagares, A Bouza e os Areais, a conservación nas Illas Cíes, actuacións nas hortas urbanas de Vigo, conservación dos sendeiros de Vigo e actuacións nos programas de voluntariado de Vigozoo. Para poder participar no Voluntariado de Camiño a Camiño é preciso realizar o Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.

HORTAS URBANAS DE VIGO (+ info)

  • Horta-escola de Navia martes de 16.00 a 19.00, xoves de 10.00 a 13.00 e sábados 10.00 a 13.00
  • Horta-escola de Pedro Alvarado mércores de 10.00 a 13.00, xoves de 16.00 a 19.00 e sábados de 16.00 a 19.00
  • Horta-escola de Fontáns mércores de 16.00 a 19.00 e sábados de 10.00 a 13.00
  • Horta-escola de Sardomela (a carón do CEIP Sello) mércores de 16.00 a 19.00 e sábados de 10.00 a 13.00
  • Horta-escola de Ramón Nieto mércores de 16.00 a 19.00 e sábados de 10.00 a 13.00
  • Horta-escola de Camelias xoves de 16.00 a 19.00
  • Hortas-escola en Casa da Xuventude e en Vigozoo asignadas a cursos.

CLUB DE AMIGOS E AMIGAS DE VIGOZOO (+ info)

As actividades de educación medioambiental para público infantil entre 6 e 12 anos articúlanse arredor do progama Club de amigos e amigas de Vigozoo. A programación está prevista para que se desenvolva todos os sábados de 16.30 a 19.30 no período do 5 de outubro ao 14 de decembro. Ademais están previstas Quedadas en Vigozoo, unha actividade medioambiental con durmida no albergue o: 12 e 13 de outubro, 1 e 2 de novembro, 2 a 3 de novembro, 6 e 7 de decembro e 7 e 8 de decembro.

Información extraída de caminoacaminovigo.blogspot.com

  • Teléfono de Atención Cidadá 010 de luns a xoves de 8.00 a 20.00
¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑