Actividades infantiles arroloscontinos

Publicado el 1 de octubre de 2013 | por Fer Martínez

0

Programación de outono na Biblioteca Neira Vilas

A Biblioteca Xosé Neira Vilas acaba de presentar a súa programación para os meses de outubro, novembro e decembro, que inclúe unha gran variedade de actividades de balde dirixidas a todos os públicos. Esta biblioteca é de titularidade municipal e atópase na rúa Martínez Garrido, 21.

Entre as actividades que repiten atopamos as actividades infantís Os sabadiños do Roque, A hora dos contos e Entre arrolos e contiños; os contacontos para adultos Contos Dakí; o taller Achégate á Fotografía; os encontro con escritores, nesta ocasión con Fran Bueno e David Rubín e o clube de lectura. Tamén destacamos as catro novas mostras bibliográficas que teñen preparadas e a celebración do Día das Bibliotecas o 24 de outubro. Nas imaxes que atoparedes a continuación podedes ver todas as datas e o método de inscrición de cada actividade no caso de que sexa necesaria, premendo nas imaxes accederás ao programa completo de actividades.

Programacion BP Neira Vilas-outono-1 PEQ

Programacion BP Neira Vilas-outono-2 PEQ

As inscricións pódense facer de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividade son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición

Máis información en bpvigoneiravilas.blogspot.com

  • Martínez Garrido, 21
  • Mañás: de martes a sábado de 11.00 a 14.00
  • Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30
  • Programa completo
¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑