«RETRAT-ARTE», obradoiro gratuíto da Concellería de Igualdade

logo igualdadeDende o pasado 20 de setembro está aberto o prazo para apuntarse ao obradoiro gratuíto dirixido a mulleres «RETRAT-ARTE», organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo na Casa das Mulleres (Romil, 20) a partir deste mércores día 2 de outubro.

O obxectivo deste obradoiro, que será impartido pola licenciada en Belas Artes María Soliño González, é buscar a través do debuxo someter a xuízo a nosa valoración persoal e que as participantes compararen co que poden observar as/os demáis delas mesmas, ademáis de empregar a caricatura para aprender a rirse dunha mesma. Para participar non é necesario dispoñer de coñecementos artísticos previos.

O desenvolvemento do programa consta de 36 horas en total, distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración. Terá lugar todos os mércores dende o 2 de outubro ata o 18 de decembro, en horario de 18:00 a 21:00. Ao remate do obradoiro, farase entrega dun diploma acreditativo de asistencia.

Máis información e inscricións:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*