Obradoiro sobre asociacionismo o 15 de outubro na Casa da Xuventude
A Concellería de Xuventude de Vigo en colaboración co Programa Activa da Xunta de Galicia organizan en outubro un obradoiro dirixido á mocidade viguesa sobre como crear e manter unha asociación. Farase unha introdución ao asociacionismo, coñeceremos as funcións dunha asociación xuvenil, os trámites necesarios para a súa creación, que son as actas constitucionais, os estatutos, como rexistrala e financiala. Esta actividade é gratuíta.
O martes 15 de outubro de de 17.00 a 19.00
Para participar neste obradoiro hai que estar empadroado en Vigo e non ter máis de 35 anos, dende o día 30 de setembro ás 10.00 poderá realizarse a prescrición vía internet, cubrindo e enviando o formulario que se atopará na web. As prazas serán outorgadas por orde de chegada, unha vez recibidas as prescricións necesarias para cubrir o curso as persoas admitidas recibirán un correo electrónico co resto das instrucións e as que non foron admitidas non recibirán notificación.
Máis información en xuventudevigo.org
- Casa da Xuventude en López Mora, 31
- 986 294 806
- O formulario de preinscrición permanecerá inactivo ata a hora de apertura da inscrición