Andaina Saudable polo Río Xabriña en Covelo o 29 de setembro
O próximo domingo 29 de setembro realizarase unha nova andaina saudable organizada pola Eurocidade Tui-Valença, dentro do circuíto de andainas saudables da Eurocidade, que percorrerá a ruta do Río Xabriña, no Concello do Covelo. A ruta ten como punto de inicio o lugar de Paraños, no concello de Covelo, ao que se chegará en autobus desde Tui onde comezamos e percorre polas parroquias de Paraños, Prado da Canda e Lamosa, situadas nun val que forma o río Xabriña, afluente do río Tea.
O percorrido que é circular é de nivel baixo, de 10 quilómetros, con unha duración aproximada de 3 horas, ten como principal protagonista ao río Xabriña e algún dos seus regatos. Ten dous tramos ben diferenciados: un de subida, pola marxe dereita do Xabriña, a través de coidados bosques con abundante vexetación propia das ribeiras e o segundo tramo, de baixada, pola marxe esquerda do río, que nos leva por sinuosas vereas de novo ata Paraños.
A organización disporá dun autobús para realizar o traslado ata o punto de saída, é necesario facer a reserva da praza no enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com, ata completar as prazas do autobús, tendo un custe de 2€ por persoa a aboar no día da andaina. O día límite para anotarse será o venres 27 de maio. O autobús recollerá aos participantes no aparcamento do Centro Interfederado de Tui, ao carón do Parador de Tui, as 09.00 españolas.
Máis información en facebook.com/pages/Caminhadas-Saudáveis-e-Andainas-Saudables
Fonte: concellotui.org