Abre as súas portas o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo
Onte presentouse o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo, un novo espazo de creación, interpretación, formación e posta en escena da oralidade quere ser unha aproximación máis ao traballo que se está a realizar en Galicia para poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial galego como as regueifas, brindos, xaneiras, contos e lendas; así como a idea de crear novos reguefeiros e incorporar os novos xéneros de improvisación que están xurdindo como son o rap o slam ou as novas lendas urbanas.
A sede deste espazo estará no Instituto Municipal de Educación e algunas das actividades levaranse a cabo no CEIP Emilia Pardo Bazán, ambos centros están no camiño do Chouzo, preto da praza de Eugenio Fadrique. Hai varias actividades previstas pero sen datas de celebración que podedes consultar neste enlace. As actividades que xa coñecemos son as seguintes:
- A partir do mércores 2, Josinho da Teixeira impartirá as aulas semanais acerca da improvisacións orais en verso como pode ser a regueifa
- O xoves 3 de outubro, comeza o curso de narración oral, impartido por Ana Carreira
- Ambas actividades en horario de 18.00 a 20.00 e no Instituto Municipal de Educación, son de balde e é necesaria a inscrición
Para inscricións e información contactade coa Concellería de Normalización Ligüística do Concello de Vigo
- Praza do Rei, 1
- Teléfono 986 810 281
- actividades.snl@vigo.org