III Feira de Oportunidades os días 28 e 29 de setembro en Redondela [Nova data: 12 e 13 outubro]
A organización informa: ante o pronóstico de chuvias para o vindeiro fin de semana a Feira de Oportunidades do Comercio de Redondela, queda aprazada ata os próximos días 12 e 13 de outubro.
***
Na derradeira fin de semana de setembro a Alameda de Redondela dará acollida á terceira edición da Feira Anual de Oportunidades do comercio de Redondela. O evento repite localización das anteriores edicións pero o número de establecementos comerciais que acoden a esta cita segue a crecer, nesta edición serán case medio centenar de postos con produtos a prezos de liquidación.
Sábado 28 12 de outubro de 10.00 a 22.00
Domingo 29 12 de outubro de 11.00 a 20.00
Un dos sectores máis representados será o da moda, con postos de roupa, calzado e complementos, destacando de forma significativa a moda infantil. A decoración e fogar será outro dos sectores que destaquen polo número de establecementos participantes, pero realmente poderemos atopar case de todo: libros, delicatessen, beleza, roupa e calzado laboral, decoración, reloxerías e xoiarías e unha ampla representación do sector do agasallo.
Se tes pensado achegarte cos teus cativos pero non queres que se aburran o tes moi doado: na Alameda terán distintas áreas de xogos infantís gratuítas deseñadas en función das distintas idades, un miniparque de atraccións feirais con descontos polas compara e tamén hai un espazo para os adultos cunha gran área de ocio e descanso cunha ampla oferta de entretemento multimedia.
A III Feira de Oportunidades de Redondela levarase a cabo na Alameda de Redondela