Actividades infantiles feira franca pontevedra (Custom) PEQ

Publicado el 4 de septiembre de 2013 | por Fer Martínez

0

Feira Franca de Pontevedra os días 6 e 7 de setembro

Esta fin de semana celébrase a Feira Franca de Pontevedra, una festa baseada no privilexio concedido polo rei Henrique IV en 1467 á vila de Pontevedra autorizando un mercado libre de impostos de un mes de duración arredor da festividade de San Bartolomeu. Nesta ocasión a feira non ocupa todo un mes senón un venres e un sábado. A cidade lembra unha das súas épocas douradas e todos os pontevedreses desfrutan participando na festa, desfrutando da súa ambientación, dos postos de gastronomía e artesanía e das actividades.

Programación da XIV Feira Franca de Pontevedra

Venres, 6 de setembro. Véspera da XIV Feira Franca: TARDE Sábado, 7 de setembro. Día da Feira Franca: TARDE
19.00 Pregoeiros a cabalo anuncian polo centro histórico o comezo da XIV edición da Feira Franca.

19.30 Obradoiro de bailes medievais, “Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes”, no Teucro.

21.00 Concerto música medieval, actuación de “Antiqua e Ultreia”, na basílica de Sta. María a Maior.

22.30 Espectáculo a Luz dos enxeños a cargo das compañías “Kull d’Sak” e “Troula”.

23.15 Música e bailes medievais, “Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes”, na praza do Teucro.

17.00 Exhibición de danza, a cargo do “Club Tre-boada”, na avda. Montero Ríos.

17.00 Demostración e obradoiros de esgrima, “Escola Hungaresa”, na avda. Montero Ríos.

17.00 Cetraría. Falcóns Galicia, Montero Ríos.

17.30 Torneo medieval a cargo de “Legend Especialistas”, na Praza de Touros. Entrada de balde ata completar aforo.

17.30 Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, “Mercenarios do Norte”, na praza da Ferraría.

18.00 Cantigas de Afonso X e música medieval, a cargo da “Asoc. Cultural Pola Vila”. Centro histórico.

18.30 Competición-exhibición de tiro con arco, “Clube Boa Vila”, na avda. Montero Ríos.

19.00 Pasarrúas de bufóns e trovadores. Centro histórico.

19.00 Exhibición de danza, “Club Treboada”, na avda. Montero Ríos.

19.30 Pasarrúas a cargo de “Art Monium”. Centro histórico.

20.00 Torneo medieval a cargo de “Legend Espe-cialistas”, na Praza de Touros. Entrada de balde ata completar aforo.

21.00 Pasarrúas musical a cargo de “Art Monium”.

21.00 Cantar de cego e música medieval a cargo de “Foula”, polas rúas do centro histórico.

21.45 Pasarrúas dos “Errantes”, polo centro histórico.

23.00 Pasarrúas e fin de festa. “Art Monium”. Centro histórico.

Sábado, 7 de setembro. Día da Feira Franca: MAÑÁ
11.30 Apertura do mercado medieval, na avda. de Santa María e da mostra de oficios, na praza da Ferraría.

11.30 Cantigas de Afonso X e música medieval,a cargo da “Asociación Cultural Pola Vila” polas rúas do centro histórico.

12.00 Recreación do transporte do viño pola “asoc. Recriativa de Xeve”, “Art Monium”, animación, música, representacións… Percorrido: rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría e remate na praza da Peregrina.

12.30 Demostración e obradoiros de esgrima, “Escola Hungaresa”, na avda. Montero Ríos.

12.30 Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, “Mercenarios do Norte”, na praza da Verdura.

13.00 Tiro con arco. “Boa Vila”, avda. Montero Ríos.

13.30 Cetraría. “Falcóns Galicia”, Montero Ríos.

Como podedes ver na programación, o venres é o día de presentación e a festa celébrase realmente o sábado, así que se queredes achergarvos só un día, que sexa o segundo. Respecto ao tempo que teremos durante a celebración, podemos ver en 4gotas.com que non choverá pero as temperaturas serán frescas, sobre todo á noite, pero nada poderá impedir que desfrutemos da Feira Franca na súa plenitude.

Máis información

¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑