Actividades infantiles no_veran_un_conto logo

Publicado el 29 de agosto de 2013 | por Fer Martínez

0

Contacontos para nenos en setembro con “No verán… un conto”

A menos dun mes de que remate a estación estival, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presenta una nova tanda de actividades de contacontos dentro do programa “No verán… un conto”. Son cinco espectáculos infantís que se levarán a cabo en varios barrios da cidade. O obxectivo desta actividade é achegar ao público infantil pezas da nosa tradición oral e poñer e valor a palabra como vehículo de comunicación, de cultura e tamén de lecer. A continuación podedes coñecer os cinco espectáculos e as sete datas nas que serán representados, todos se levarán a cabo ás 20.00 en espazos abertos e de balde.

No Verán… un conto 2013: programación de setembro

Contos de verán: primavera, verán, outono e inverno. As catro estacións, cada unha coas súas cores, as plantas e a fauna. Os contos de Marcelo achegarannos á natureza de cada estación. Aprenderemos os nomes dos animaliños que nos acompañan no verán, das flores que nacen na primavera, da chuvia…

  • Mércores 4 na praza da Independencia
  • Venres 20 no parque de Navia (Teixugueiras 30)
  • Recomendada para menores de 6 anos

Ciclobiblioteca: o bardo Abelardo percorre as prazas coa súa ciclobiblioteca achegando música e contos a todo o mundo. As súas historias están cheas de música, cor e alegría. A fantasía e imaxinación bulen entre a xente. Ademais o bardo convida a todos os nenos e nenas a ler algún dos libros da súa biblioteca con rodas.

  • Xoves 5 fronte o Mercado do Calvario
  • Venres 6 no parque do Emigrante en praza América
  • Recomendada para menores de 6 anos

A tropa de trapo: ao longo do espectáculo, Wamba contaralle a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar. Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa avoa: o río énchese de regatos pequenos.

  • Mércores 11 na praza da Independencia
  • Recomendada para nenos maiores de 6 anos

Rodari-Rodari (Contos do tranvía): o tranvía de Marín, baseándonos, sobre todo, na descrición humorística que do mentado tranvía fixo Castelao, serviranos como medio de transporte do espectáculo. O músico Carlos Quintá, tocará o seu acordeón diatónico, e o narrador Inacio Vilariño xogará coas onomatopeas producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música.

  • Venres 13 no parque de Navia (Teixugueiras 18-20)
  • Recomendada para menores de 6 anos

O cullarapo Croque: Miguel Ángel envólvenos nun mundo de tenros animaliños onde os elementos da natureza son o escenario propicio para o irrupción de sereas, barquiños viaxeiros e cullarapos faladores. Outros contos, outros personaxes, situacións e experiencias farán as ledicias das cativas e cativos.

  • Xoves 19 fronte o Mercado do Calvario
  • Recomendada para menores de 6 anos

Máis información en facebook.com/vigo.engalego

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑