25ª edición da Festa da Istoria de Ribadavia, 30 e 31 de agosto
Que o verán vaia rematando non quere dicir que quedemos sen grandes festas ao aire libre, unha das máis importantes do ano resérvase para os últimos días de agosto. A Festa da Istoria de Ribadavia celebra os días 30 e 31 de agosto a súa vixésimo quinta edición. Esta celebración lévanos ao pasado medieval de origen judío de Ribadavia, recuperando tradicións ancestrais e históricas, que formaron parte da súa historia e da bisbarra. A ambientación é espectacular y toda a veciñanza de Ribadavia colabora na súa celebración. A continuación podedes consultar a previsión de actividades para o venres e o sábado:
Venres 30 de agosto |
Sábado 31 de agosto |
11:00.- Apertura do mercado medieval. Na alameda.Dende o inicio e ata o peche do mercado, haberá pasacalles e actuacións a cargo dos grupos: “olta gabhar”, “rapax” e “atraspies”.
12:00.- Circo de rúa. Na alameda. 13:00.- Espectáculo de equilibristas sobre o arame. Na alameda. 13:30.- Malabar e música polas prazas e rúas do casco histórico. 18:00.- Apertura do mercado medieval.na rúa da fonte arrastrada (salgado moscoso) 19:00.- Pasacalles polo mercado e casco histórico a cargo de “o carro de matasáns”, “cabaleiro medieval” e os grupos de música “olta gabhar” e “rapax”. 20:00.- Espectáculo de equilibristas sobre o arame. Na alameda. 21:00.- Música medieval. Na igrexa de san xoan.
21:45.- Procesión da cruz verde. Polas rúas e prazas do casco histórico.
22:30.- Teatro “o malsín”.No Auditorio do castelo. 00:00.- Concerto a cargo do grupo “luar na lubre”. Na fachada do castelo.
01:30.- Espéctaculo pirotécnico. No castelo dos sarmiento. |
10:30.- Lectura do bando da istoria. Polas rúas e prazas da vila. Apertura do banco de alhóndiga na praza maior. Apertura do mercado medieval.
11:30.- Gran desfile da istoria. Saídan dende o cruce da veronza (rúa ribeiro) e remate na fachada do castelo. 12:15.- Pregón a cargo do coro da istoria. Na fachada do castelo dos sarmiento. 12:30.- Entrega de medallas da istoria. Na fachada do castelo. 13:00.- Animación do mercado medieval a cargo de “o carro de matasáns”, “cabaleiro medieval” e os grupos de música “olta gabhar” e “rapax”. 13:00.- Baile medieval “donas sen cabaleiros”. Na praza maior. 13:15.- Saída da comitiva da voda xudea. Dende a rúa dos fornos. 13:30.- Xadrez vivente. No auditorio do castelo.- Só persoas vestidas de época. 14:00.- Voda xudea. Na igrexa da oliveira-só persoas vestidos de época. 14:30.- Cetraría e exhibición de aves. Na praza maior. 15:00.- Espectáculo de equilibristas sobre o arame. Na alameda. 15:30.- Actuación do grupo tabaleiros da istoria. Polas rúas e prazas da vila. 15:30.- Carreira de pipotes. Pola rúa progreso. 16:00.- Predicamento para a santa cruzada. “deus le volt” grupo tresdeseis. Na alameda. 16:30.- Tiro con arco. No adro de santo domingo. Grupo arc-teixo. 17:00.- Exhibición de tiro con ballesta. No adro de santo domingo. Grupo gstrafetes. 17:30.- Pasacalles polo mercado da almeda e casco histórico a cargo de “o carro de matasáns”, “cabaleiro medieval” e os grupos de música “olta gabhar” e “rapax”. 18:00.- Espectáculo de equilibristas sobre o aramio. Na alameda. 19:00.- Exhibición de cetrería. No campo do xestal. Cetreiros falcón exhibición. 19:30.- Exhibición de tiro con arco. No campo do xestal. Grupo arc-teixo. 20:00.- Torneo medieval. No campo do xestal. Grupo de especialistashípica celta 21:00.- Grupo de danza do ventre. No auditorio do castelo. 21:30.- Baile medieval “donas sen cabaleiros”. No auditorio do castelo. 22:00.- Peche do banco da alhóndiga. 22:00.- Espectáculo de lume e música. No auditorio do castelo. 22:30.- Cea medieval. Na madalena. Só persoas vestidas de época. 23:00.- Gran concerto fin de festa a cargo do grupo “anxo lorenzo band”. Na praza de san martin-porta da vila. |
Recuncho Infantil na Alameda.
|
A previsión meteorolóxica para a Festa da Istoria é moi positiva, agárdanse ceos azuis e temperaturas máxiomas arredor dos 30º, podes consultala en 4gotas.com
Pago en marabedís
Como ven sendo habitual nesta festa a moeda oficial é o marabedí e o seu uso é obrigatorio nos postos de rúa e de artesáns e é recomendable en todos os establecementos da vila. Poderás cambiar os teus euros por marabedís no Banco da Alhóndiga, na Praza Maior. A primeiras horas da tarde xa se poden volver cambiar os marabedís sobrantes por euros.
Máis información:
- festadaistoria.com
- Fundación Festa da Istoria Rúa Escobetes 10 – 32400 Ribadavia (Ourense)
- Teléfono 988 476 022
- E-mail info@festadaistoria.com