Novo obradoiro de cociña vegana na Cova dos Ratos o 31 de agosto [COMPLETO]
O centro cultural autoxestionado A Cova dos Ratos ten preparado un novo obradoiro de cociña vegana para o derradeiro sábado de agosto. No menú deste obradoiro atopamos un primeiro prato, dous segundos e unha sobremesa: crema fría de remolacha, milanesas de avea con verdura, seitán e bolachas de noces, todos eles elaborados con produtos vexetais e dunha forma moi sinxela, rica e sá.
O sábado 31 de agosto de 10.30 a 13.00 en A Cova dos Ratos
Se queres participar neste obradoiro, contacta coa organizadora do mesmo a través de xandrataboas@hotmail.es ou chama ao 615 403 838 e pregunta por Ana para reservar a túa praza. Tes ata o 26 de agosto e só hai 15 prazas. Coma na maioría das actividades organizadas na Cova dos Ratos, este obradoiro non ten un prezo establecido pero pídese unha aportación voluntaria ao finalizalo para sufragar o material e para poder continuar coas actividades xa que todo o material e os ingredientes están incluidos.
A Cova dos Ratos está en rúa Romil, 3
- Inscricións en xandrataboas@hotmail.es ou 615 403 838 (Ana)
- bolezine.arkipelagos.net
- facebook.com/cova.ratos