Cultura no image

Publicado el 7 de agosto de 2013 | por Fer Martínez

0

Cursos de música e artes escénicas para outono en Súbete ó Castro

Curso de danza zumba impartido este verán en Súbete o Castro

Aínda non rematou o verán e en Súbete ó Castro xa están pensando nas actividades do outono. Se neste verán están impartindo cursos de actividades deportivas, para os meses de outubro a decembro teñen programados seis cursos sobre música ou teatro, un cada día de luns a sábado. Todos os cursos son de balde e son impartidos neste espazo do Monte do Castro polas tardes. A continuación podedes ver a oferta de cursos e os horarios correspondentes.

Curso de BAIXO ELÉCTRICO os luns

  • De 19.00 a 20.00

 

Curso de GUITARRA os martes

  • De 17.00 a 20.00
  • Sesión de 1 hora, varias quendas
Curso de BATERÍA os mércores

  • De 16.00 a 19.00
  • Sesión de 1 hora, varias quendas

 

Curso de TÉCNICA VOCAL os xoves

  • De 16.00 a 18.00
Curso de IMPROVISACIÓN TEATRAL os venres

  • De 20.00 a 21.00
Curso de HIP-HOP os sábados

  • De 17.00 a 18.00

Método de inscrición

Para apuntarse hai que ter entre 13 e 35 anos. Poderás apuntarte pasando por alí persoalmente, terás que darlles os seguintes datos: o teu nome completo, idade, teléfono de contacto e correo electrónico. Súbete ó Castro está aberto de luns a xoves de 16.00 a 20.00 e venres e sábados de 16.00 a 22.00 e estará pechado entre o 15 e o 18 de agosto.

Máis información en xuventudevigo.org

  • Súbete ó Castro está no Paseo dos Cedros, preto da pista de bicis do Castro
  • 986 485 541
  • subeteocastro@vigo.org
¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑







  • Twitter