A Noite Branca: actividades nos museos a noite do 9 de agosto
Dentro do programa de festas deste verán, esta semana chega unha iniciativa cultural que ampliará ata as dúas da madrugada o horario dos principais recintos expositivos de Vigo e programa desde as 19.30 varios concertos, novas exposicións e visitas guiadas e teatralizadas. A rede museística do Concello de Vigo a forman o Museo Quiñones de León, o Verbum-Casa das Palabras, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, a Casa Galega da Cultura, a Casa das Artes, a Fundación Laxeiro, o MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, o Museo Liste-Etnográfico de Vigo e o CAT-Centro de Artesanía Tradicional. Todas as actividades da Noite Branca serán gratuítas.
Os espazos anteriormente citados estarán abertos aos visitantes ata as dúas da madrugada e en cada un deles atoparemos unha serie de actividades: visitas guiadas, tanto nos centros museísticos e expositivos como no xardín histórico do Pazo-Museo “Quiñones de León”, visitas teatralizadas no Museo “Quiñones de León” e na Fundación Laxeiro, inauguración da exposición NOWHERE. Propostas fóra de lugar na Casa das Artes, concertos musicais na Casa das Artes, no Pazo de Castrelos, na terraza do Verbum e na contorna do MARCO. A continuación podedes consultar o programa.
Programa A Noite Blanca, 9 de agosto (descargar)
Viaxa en bus turístico durante a Noite Branca
A liña de bus turístico estará a un prezo especial durante esta noite e contará con guía turística oficial, con saída ás 21.00 de Porta do Sol con destino a Museo Quiñones de León e con parada no Verbum e ás 23.00 á inversa, parando tamén no Verbum; o prezo será de 2€ só unha viaxe e de 3€ para o billete de ida e volta.
Más información en vigocultura.org
- Os comerciantes da zona centro e do casco vello organizan actividades complementarias para esta noite. (+ info)