Actividades infantiles no image

Publicado el 31 de julio de 2013 | por Fer Martínez

0

Festival Música no Claustro do 7 ao 11 de agosto na Catedral de Tui

musica no claustro cartel 2013 PEQ

O vindeiro mércores 7 de agosto comeza en Tui unha nova edición do festival Música no Claustro, unha mostra consagrada á creación artística na que a música adopta un papel principal durante cinco días de concertos, visitas guiadas, conferencias e obradoiros. Todas estas actividades se levarán a cabo na Catedral de Tui e tamén no seu casco histórico. Case todas as actividades son de entrada libre pero algunhas necesitan inscrición previa, deixámosvos coa programación.

Programación de Música no Claustro, do 7 ao 11 de agosto

Mércores 7 de agostoObradoiro: OS SENTIDOS DE GARCÍA.

De 12.00 a 13.30 en xardíns e mirador. Entrada libre con pre-inscripción, baixo o auspicio de Viñoteca de García

A catadora tudense Marina García, coñecida pola súa paixón e amor polo mundo do viño, regresa a Música no Claustro para continuar compartindo e sensibilizando aos máis novos da importancia do olfato nas súas vidas. Un sentido moi pouco educado na nosa sociedade, que nos fai pasar por alto emocións únicas do noso planeta.

Conferencia: HISTORIA DA MÚSICA EN GALICIA

Ás 20.00 na Sala Capitular. Entrada libre até completar aforo, coa colaboración da Biblioteca Municipal de Tui

A musicóloga Lorena López Cobas presenta o seu estudo da historia da música en Galicia, unha nova publicación baixo a editorial Ouvrimos, que abre novas vías para o descubrimento e coñecemento da nosa cultura e sociedade, na que a Catedral de Tui ocupa un protagonismo especial. Ouvirmos regresa desta forma a Música no Claustro, tras a presentación no ano 2011 do volume adicado a Tui da colección Itinerarios Históricos Musicais.

Concerto: MÉTODO CARDIOFÓNICO

Ás 21.00 no Claustro Gótico. Entrada libre até completar aforo, baixo o auspicio do Concello de Tui. Praeludium JLMúsica: SANDRA PÉREZ (percusión).

O músico e zanfonista Germán Díaz será o protagonista de abrir o ciclo de concertos da novena edición de Música no Claustro. Unha persoa única, que alén da música, compaxina diferentes paixóns na súa vida, como a construcción de pipas, a cría de capóns dun xeito bio-musical, ou a observación das nubes. Presentará en concerto o seu proxecto artístico-musical MÉTODO CARDIOFÓNICO, que viaxa entre o jazz, a electrónica e a vangarda. Método Cardiofónico nace a partir dos latexos de corazón gravados en vinilo polo doutor Iriarte, alá polos anos cuarenta, cos que documentou diversas lesións valvulares e que agora Germán, utiliza como baixo rítmico.

VISITA GUIADA NOCTURNA

Ao remate do concerto, Triforio e campanario. Entrada por persoa 6€ (máx. 20 asistentes). Reservas en contacto@musicanoclaustro.com

A Catedral é o monumento por excelencia da cidade tudense. Xoia única do medievo, as súas pedras atesouran a historia dun pobo. Explorar todos e cada un dos seus recunchos de noite é unha experiencia única. Desfruta dos seus misterios, a súa arte e a súa paisaxe grazas á visita guiada que organiza o festival a cargo do historiador local, Suso Vila. Un marco incomparable e unha ruta irrepetíbel, que descubrirá aos asistentes a cara máis descoñecida da noite tudense.

Xoves 8 de agostoObradoiro: A MÚSICA, FACTORÍA DE EMOCIÓNS

De 11.00 a 13.30 na Sala capitular Entrada libre con pre-inscripción, baixo o auspicio de D-Música Factoría Musical

A pedagoga catalana Laia Pujol Morera, despois de visitar Música no Claustro 2012, queda atrapada pola maxia pétrea tudense, e regresa a Tui para compartir cos máis cativos o fermoso mundo da música dende unha perspectiva diferente. Nesta ocasión, cun obradoiro de creación de instrumentos, cos que posteriormente se interpretará unha sinxela peza en grupo. Orientado a nen@s de 2 a 5 anos, acompañados polos seus pais ou familiar.

Conferencia: PROXECTO VIRTUAL RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO MUSICAL GALEGO SÉC.XIX-XX

Ás 20.00 na Sala Capitular. Entrada libre até completar aforo, coa colaboración da Biblioteca Municipal de Tui

A community manager Milagros Bará Viñas presenta a páxina de facebook adicada á recuperación do patrimonio musical galego a partir das súas imaxes históricas. Con máis de 5.000 seguidores, é unha nova mostra das vías que o mundo 2.0 abre aos estudosos da música, ou tan só, un lugar onde viaxar no tempo e lembrar as tradicións dos nosos antepasados.

Concerto: GUITARRA CLÁSICA GALEGA

Ás 21.00 no Claustro Gótico Entrada libre até completar aforo, baixo o auspicio de Xacobeo Galicia. Praeludium JLMúsica: SERGIO ALONSO (guitarra)

O guitarrista e investigador tudense Samuel Diz publica no pasado outono, baixo a editorial Ouvirmos, o seu traballo discográfico Guitarra Clásica Galega, co apoio de AGADIC e a Secretaría Xeral de Cultura. Música no Claustro, xunto ao auspicio de Xacobeo Galicia, acolle a presentación en Tui deste traballo discográfico que foi reseñado con positivas críticas nos medios especializados máis destacados, pola súa frescura e interpretación.

VISITA GUIADA NOCTURNA

Ao remate do concerto, Triforio e campanario. Entrada por persoa 6€ (máx. 20 asistentes). Reservas en contacto@musicanoclaustro.com

A Catedral é o monumento por excelencia da cidade tudense. Xoia única do medievo, as súas pedras atesouran a historia dun pobo. Explorar todos e cada un dos seus recunchos de noite é unha experiencia única. Desfruta dos seus misterios, a súa arte e a súa paisaxe grazas á visita guiada que organiza o festival a cargo do historiador local, Suso Vila. Un marco incomparable e unha ruta irrepetíbel, que descubrirá aos asistentes a cara máis descoñecida da noite tudense.

Venres 9 de agostoObradoiro: CONSTRÚE O TEU INSTRUMENTO

De 11.00 a 13.30 na Sala capitular. Entrada libre con pre-inscripción, baixo o auspicio de D-Música Factoría Musical

A pedagoga catalana Laia Pujol Morera, despois de visitar Música no Claustro 2012, queda atrapada pola maxia pétrea tudense, e regresa a Tui para compartir cos máis cativos o fermoso mundo da música dende unha perspectiva diferente. Nesta ocasión, cun obradoiro de creación de instrumentos, cos que posteriormente se interpretará unha peza en grupo. Para nen@s de 6 a 12 anos.

Conferencia: A MÚSICA NA GUERRA CIVIL

20.00 na Sala Capitular. Entrada libre até completar aforo, coa colaboración da Biblioteca Municipal de Tui

O musicólogo Marco Antonio de la Ossa chega por primeira vez a Galicia para presentar e compartir a súa investigación sobre a música en España durante a Guerra Civil, tema da súa tesis doutoral defendida en 2009, recibindo o Premio Nacional da Sociedade Española de Musicoloxía. Unha oportunidade única para descubrir un capítulo da nosa historia que tivo importante relevancia na cidade tudense, marcado e caracterizado pola dor e sufrimento de toda contenda.

Concerto: SILVIA PENAS + AÍD

Ás 21.00 no Claustro Gótico. Entrada libre até completar aforo, coa colaboración da Radio Municipal de Tui. Praeludium JLMúsica: LUCÍA VICENTE (cello)

Por segundo ano consecutivo, un serán de Música no Claustro está adicado á verba e ás súas variantes máis próximas, disciplinas que buscan a espiritualidade e reflexión da súa mensaxe na rúa, alí onde nacen e conviven ao carón da sociedade contemporánea. Abrimos desta forma o claustro gótico a propostas escénicas pouco habituais en este tipo de espazos, nesta ocasión a través de dúas artistas viguesas que estamos seguros, sorprenderán aos asistentes. Elas -as Rosalías do século XXI- son: Silvia Penas (poesía) e Aíd (rap).

Breakdance: FUSION FLOW CREW

Ás 22.30 na Praza de San Fernando. Actividade de rúa, baixo o auspicio de Monumental Gastro&Cocktail Bar

Fusion Flow Crew realizará unha mostra do seu B-boying na Praza de San Fernando, onde os seus rítmicos e enerxéticos movementos pecharán unha noite adicada ao mundo hip-hop. Fusion Flow Crew comeza en 2009 a partir do encontro de diferentes bboys de Vigo, Tui e Tomiño, coa finalidade de crear unha crew competitiva, participando en diversos campeonatos e exhibicións. Na actualidade os seus membros son: Lil R, Pody, Snitter, Damar e Pela.

VISITA GUIADA NOCTURNA

Ao remate do concerto, Triforio e campanario. Entrada por persoa 6€ (máx. 20 asistentes). Reservas en contacto@musicanoclaustro.com

Sábado 10 de agostoItinerario artístico-musical: A ICONOGRAFÍA MUSICAL

Ás 12.00 na Catedral. Entrada libre até completar aforo, coa colaboración da Asociación de Amigos da Catedral de Tui

A música forma parte fundamental do desenvolvemento artístico e histórico da Catedral de Tui. As necesidades litúrxicas, os oficios e cerimonias no principal templo da Diócese tudense, motivaron a creación de espazos e instrumentos para a exaltación de Deus. A arte tamén se ve impregnada de referencias musicais, polo que trazar un percorrido histórico-musical permitirá coñecer non só a historia do edificio, senón tamén a súa función, especialmente no seu mobiliario barroco, que aínda ofrece esta estreita relación interdisciplinar entre a arte e a música.

DESCENSO POPULAR POLO RÍO MIÑO

Ás 16.30. Participación con inscripción previa + aluguer de embarcación

A Concellería de Deportes do Concello de Tui, xunto ao Clube Kayak Tudense, organizan o descenso popular do Río Miño. Unha experiencia aberta a todas as persoas dispostas a desfrutar do contacto co deporte e as fermosas paisaxes de ambas beiras do río, en especial do cromatismo dos tellados e pedra do casco histórico tudense. Toda a información en www.festadomiño.com

Concerto: A ROSA D’ADINA

Ás 21.00 no Claustro Gótico. Entrada libre até completar aforo, baixo o auspicio de Xacobeo Galicia. Praeludium JLMúsica: Juan M. Cao (saxofón)

Cantar a Rosalía é como regresar á segunda metade do século XIX, para inzar de novo esos lugares dos cantares que ela mesma escoitou e que inspiraron esa obra da que celebramos 150 anos de gloria. Así, cantando a Rosalía, aCadaCanto chega unha vez máis a Música no Claustro dunha forma moi especial, finalizando un traballo como artistas residentes durante tres edicións, que deu como froito un novo proxecto audiovisual rodado durante os últimos meses na nosa Catedral e producido por Karlos Abal Lobato. Unha das sorpresas e contidos máis especiais creados para estes nove anos do festival.

VISITA GUIADA NOCTURNA

Ao remate do concerto, Triforio e campanario. Entrada por persoa 6€ (máx. 20 asistentes). Reservas en contacto@musicanoclaustro.com

A Catedral é o monumento por excelencia da cidade tudense. Xoia única do medievo, as súas pedras atesouran a historia dun pobo. Explorar todos e cada un dos seus recunchos de noite é unha experiencia única. Desfruta dos seus misterios, a súa arte e a súa paisaxe grazas á visita guiada que organiza o festival a cargo do historiador local, Suso Vila. Un marco incomparable e unha ruta irrepetíbel, que descubrirá aos asistentes a cara máis descoñecida da noite tudense.

 

Domingo 11 de agosto: PASEO MUSICAL

Ás 21.00 no Conxunto catedralíceo. Entrada libre até completar aforo, baixo o auspicio de Música en Compostela

Na presente edición de Música no Claustro, Tui acollerá unha nova visita dos alumnos, profesores e organización de Música en Compostela, preparando unha xornada que comezará pola mañán coa recepción á Cidade de Tui na Casa do Concello, seguida dunha visita ao Parque Natural do Monte Aloia e a Fortaleza de Valença do Minho.

Nesta ocasión, os alumnos becados e premiados en anteriores edicións do curso polo seu talento e traballo, serán os partícipes do concerto de clausura de Música no Claustro. Unha proposta novidosa e diferente: un paseo musical, onde os asistentes disfrutarán dunha perfecta maridaxe musical, artística e arquitectónica, con miniconcertos nas diferentes capelas e retablos do conxunto catedralíceo. Unha experiencia única e volátil, que tan só será lembrada na memoria e emocións do público asistente á última xornada de Música no Claustro 2013.

Máis información en musicanoclaustro.com

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑