Obradoiros de fomento do cooperativismo na Cámara de Comercio en xullo, agosto e outubro
A Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado, UGACOTA organiza unha serie de cursos gratuítos impartidos en modalidade presencial. O seu obxectivo é o fomento do cooperativismo e da economía social, mediante o abordaxe de diversas temáticas. A oferta formativa inclúe tres tipos de obradoiros que tratarán temáticas ao redor do cooperativismo, o traballo en equipo, o emprendemento cooperativo, ou como elaborar un plan de empresa para analizar a viabilidade dun proxecto cooperativo.
En definitiva, formación para promover o cooperativismo. Os cursos serán impartidos en horario de mañá e hai dúas quendas de catro días para cada curso: unha en xullo ou agosto e outra en outubro das que xa vos podedes inscribir enchendo un sinxelo formulario, os cursos serán impartidos na Cámara de Comercio de Vigo, centro pertencente á rede Eusumo.
Formación cooperativa para persoas que queren emprender en colectivo
O obxectivo deste obradoiro é achegar o modelo cooperativo á cidadanía, contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas, divulgar e orientar sobre os aspectos diferenciadores e as características das empresas cooperativas, amosar as condicións necesarias para emprender en colectivo baixo un modelo cooperativo e os pasos a dar.
- 20 a 23 de agosto ou 1 a 4 de outubro de 2013
- De 9.30 a 14.30 (20 horas totais)
- Programa docente
- Formulario de inscrición
Por que non traballamos en equipo?
Obradoiro destinado a desenvolver as habilidades persoais claves no traballo en equipo e a coñecer recursos e ferramentas que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
- 6 a 9 de agosto ou 22 a 25 outubro de 2013
- De 9.30 a 14.30 (20 horas totais)
- Programa docente
- Formulario de inscrición
Elabora o teu plan de empresa cooperativo
Entre os seus obxectivos está mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa, dar a coñecer o que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable, elaborar conxuntamente os distintos apartados do plan de empresa do noso proxecto e avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.
- 30, 31 de xullo e 1, 2 de agosto ou 27 a 30 de agosto de 2013
- De 9.30 a 14.30 (20 horas totais)
- Programa docente
- Formulario de inscrición
Máis información en ugacota.coop, 986 136 592 e nuria@ugacota.org
- Cámara de comercio de Vigo, Rúa República Arxentina, 18, 986 432 533