II Mercadillo de Intercambio de Libros por alimentos en Soutomaior ata o 19 de xullo
Na semana en que se leva a cabo Musicauciados, o ciclo de concertos a cambio de alimentos descubrimos outra iniciativa do mesmo estilo organizada pola Biblioteca Pública de Soutomaior. Ata o vindeiro venres 19 de xullo estará todas as mañás recollendo alimentos a cambio de libros, hainos de temática moi variada: infantiles, xuveniles, de narrativa en galego e castelán, banda deseñada, ensaio, enciclopedias, libros de arte e unha sección especial para os que rondan os corenta anos con libros de Enid Blyton das coleccións Los Cinco e Los Siete Secretos ou Los Hollister de Andrew E. Svenson.
Ata o 19 de xullo de luns a venres de 10.00 a 13.00 na Biblioteca Pública de Soutomaior
Os libros que se ofrecen a cambio de alimentos proceden de doazóns particulares e de librerías recentemente pechadas polo que algúns están a estrenar e outros teñen pouco uso, a diferencia do anterior mercadillo no que eran libros que proviñan do expurgo da biblioteca municipal. Invitámosvos a achegarvos ata a Biblioteca Pública de Soutomaior a facer a vosa doazón e escoller algún libros. Non hai doazón mínima nin máxima, o importante é axudar por exemplo cun paquete de arroz, pasta, legumes ou azucre e ou tamén aceite e leite.
A Biblioteca Municipal de Soutomaior está en Illas Alvedosas 3, Arcade