Festa da Cultura de Vigo 2013 os días 12, 13 e 14 de xullo
Xa é unha tradición, a mediados de xullo non pode faltar a maratón de música folk que organiza a Agrupación de Centros Culturais de Vigo. Esta mostra terá lugar principalmente nun palco instalado na Porta do Sol pero tamén na parte traseira do Museo MARCO e nas rúas Urzáiz e Príncipe. Durante o venres e o sábado poderemos desfrutar de baile e música con concertos e pasarrúas e tamén de teatro e artesanía. O domingo estará reservado para a clausura do evento. A continuación podedes consultar a programación, a Festa da Cultura de Vigo celébrase esta fin de semana.
Como poderedes comprobar a festa arranca o venres pola tarde e remata xa pasada a medianoite mentres que o sábado teremos festa durante todo o día. Todos os concertos son gratuítos e en espazos abertos.
Máis información en facebook.com/CentrosCulturaisVigo