Percorre Comesaña en bici o domingo 7 de xullo
Parece que o bo tempo instalouse definitivamente e comezan a agromar actividades que noutras épocas do ano non nos motivan tanto, unha delas é a ruta ciclista que nos propón a S.V.C.D. Nautilius, en San Andrés de Comesaña, esta marcha partirá do seu centro cultural para percorrer toda a parroquia. Trátase dun trazado apto tanto para adultos como para nenos. Ademáis teñen preparados agasallos e un sorteo para os asistentes.
A inscrición é gratuita e pode realizarse tanto na cafetería da entidade como no correo vogxuventude@gmail.com. A saída realizarase ás 11.00 do domingo 7 de xullo desde o Centro Cultural da S.V.C.D. Nautilius, en Camiño Sanín número 54, San Andrés de Comesaña e a meta estará no mesmo punto. podes ver o percorrido premendo na imaxe da dereita.
Máis información en facebook.com/svcd.nautilius