Programación de verán na Biblioteca Xosé Neira Vilas de xuño a setembro
Xa coñecemos as actividades que a biblioteca pública Xosé Neira Vila ten preparadas para este verán. Inclúen unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan dúas mostras bibliográficas: Os Inklings en xullo e agosto, e Traduttore, traditore con motivo do Día Internacional da Tradución, o 30 de setembro. Ademais, teremos as actividades habituais como Os sabadiños do Roque; os talleres Achégate a internet, Achégate ao graffiti con… Peri e Achégate á bioloxía mariña; o Obradoiro de arte-De arte e de libros; A hora dos contos; terrazas literarias; e Entre arrolos e contiños, dirixida a nenas e nenos de 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.
Achégate ao graffiti con… Peri
Obradorio que achegará ao público participante ao mundo do graffiti a súa linguaxe, os seus códigos e os seus segredos, de forma que esperte neles o amor polas artes.
- Mércores 3, venres 5, martes 9 e xoves 11 de xullo de 11.00 a 13.00
- Actividade para público infantil a partir de 8 anos
- Inscrición a partir das 10.30 do 15 de xuño, 15 prazas
Cita a cegas
Este verán as persoas usuarias da biblioteca terán a súa disposición unha serie de paquetes pechados que poderán levar a casa emprestados. Sen saber que están levando ata que o abrir o paquete desvelen o seu segredo. E atoparanse co que pode chegar a ser un gran amor literario.
- Do 1 de xullo ao 31 de agosto
- No horario de apertura da biblioteca
Obradoiro de arte: de arte e de libros
O público participante interpretará imaxes artísticas, estimulará a creatividade, e establecerá conexións entre as artes, a literatura, a historia e as matemáticas. En cada obradoiro tratarase un artísta diferente: da Vinci, Van Gogh, Velázquez e Picasso.
- Mércores 17, venres 19, mércores 24 e venres 26 de xullo de 11.00 a 13.00
- Actividade para público infantil de 6 a 14 anos
- Inscrición a partir das 10.30 do 1 de xullo, 20 prazas
No verán… un conto (+ info)
Actividade organizada por Normalización Lingüística do Concello de Vigo en colaboración coa biblioteca. Dende contacontos ata obradoiros de regueifas e Hip-hop. Todas as actividades son ás 19.30.
- Martes 2 de xullo público infantil de 3 a 6 anos
- Martes 9 de xullo público infantil maior de 6 anos
- Martes 16 de xullo: público adulto
- Martes 23 de xullo: obradoiro de hip-hop
- Martes 30 de xullo: obradoiro de regueifas
Mostras bibliográficas
Os Inklings: baixo este nome se atopa o círculo literario máis influínte do século XX formado por autores coma C.S. Lewis, o autor da saga de Crónicas de Narnia ou J.R.R. Tolkien, autor da saga O señor dos aneis. Un grupo de rapazes que xuntábanse para reivindicar a ficción e a fantasía, o espírito e a imaxinación na era das máquinas.
- Do 1 de xullo ao 31 de agosto
Traduttore, traditore: o luns 30 de setembro celébrase o Día Internacional da Tradución, para sumarse a este festexo ofrécennos esta mostra coa que queren homenaxear a esta profesión que é fundamental neste mundo globalizado e esencial para a comunicación entre culturas.
- Do 2 de setembro ao 5 de outubro
Terrazas literarias: encontros con escritores
Domingo Villar e Francisco Castro inaugurarán as Terrazas Literarias. Aproveitando o bo tempo do verán sairán á rúa para facer un encontro con escritores, lectores e afeccionados.
- Luns 5 e martes 6 de agosto ás 20.00
- Inscrición a partir das 10.30 do 15 de xullo, 20 prazas
Achégate á bioloxía marina
Achegaremos ao público infantil os coñecementos básicos sobre os mares e os seres que os habitan, ademáis de ensinarlles como facer unha colección de cunchas dun modo sinxelo.
- Martes 6, 13, 20 e 27 de agosto de 11.00 a 13.00
- Público infantil de 5 ata 12 anos
- Inscrición a partir das 10.30 do 15 de xuño, 15 prazas
Achégate a internet: iniciación I
Nova edición deste proxecto de alfabetización dixital que ten como finalidade formar na procura e asimilación de información e no manexo das novas tecnoloxías, requisito indispensable hoxe en día para acceder ás novas formas de información, formación, e lecer.
- Martes 10, mércores 11 e xoves 12 de setembro de 10.00 a 12.00
- Maiores de 16 anos sen coñecementos básicos de informática ou Internet
- Inscrición a partir das 11.00 do 15 de agosto, 6 prazas
A hora dos contos
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura onde cada mes preséntanse diferentes contos e unha serie de actividades de mans de Trini Puentes.
- Xoves, 12 de setembro ás 18.00
- Público infantil de 3 a 10 anos
- 30 prazas
O sabadiño de Roque
Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir co público infantil as súas aventuras e contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos.
- Sábado, 5 de setembro ás 12.00
- Público infantil de 3 a 10 anos
- Inscrición a partir das 10.30 do día 15 de agosto, 35 prazas
Entre arrolos e contiños
Os bebés compartirán coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.
- Sábado, 21 de setembro ás 12.00
- Público infantil de 12 meses a 3 anos
- Inscrición a partir das 10.30 do 1 de setembro, 30 prazas
Todos os obradoiros son gratuítos e as prazas adxudícanse por orde de inscrición, cada unha ten o seu prazo de solicitude propio. Podedes facer a vosa inscrición de forma presencial na propia bilbioteca, no correo bpneiravilas@vigo.org ou no teléfono 986 267 759.
A Biblioteca municipal Neira Vilas está en Martínez Garrido, 21
- bpvigoneiravilas.blogspot.com
- Horario de apertura: de martes a sábado de 11.00 a 14.00
- Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30
- Programa completo
Fonte: vigocultura.org