8ª Feira de Oportunidades do Morrazo do 5 ao 7 de xullo en Cangas
A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo FECIMO, organiza para a vindeira fin de semana a oitava edición da Feira de Oportunidades, nun mesmo lugar atoparemos grandes descontos das tendas habituais do Morrazo. Un total de 33 establecementos asociados de Bueu, Cangas e Moaña participarán na Feira de Oportunidades, con actividades moi variadas: moda, calzado, decoración, deportes, agasallos, tendas de mascotas, óptica, etc.
O venres 5 de 18.00 a 23.00, o sábado 6 e domingo 7 de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 23.00
A Feira de Oportunidades permite ás empresas dar saída aos produtos almacenados e transformalos en efectivo. Redúcense deste xeito as necesidades de financiación, o que permite a adquisición de produtos de nova tempada. Trátase dunha iniciativa de referencia para o público local e foráneo, na que atopar produtos con grandes descontos do 40% en adiante (segundo marcan as normas da organización) mercando verdadeiras gangas que son de agradecer dada a difícil situación económica actual.
A carpa habilitada para o evento estará ubicada nas inmediacións da Alameda Nova de Cangas, Xardíns do Señal (MAPA)
- Máis información en fecimo.es