Actividades infantiles no image

Publicado el 26 de junio de 2013 | por Fer Martínez

0

Imaxinasons, 9º Festival de Jazz de Vigo do 28 de xuño ao 6 de xullo

logo imaxinasons

A Concellería de Cultura e Festas organiza un ano máis o Festival de Jazz de Vigo Imaxinasons 2013, que chega xa á súa novena edición, e que se desenvolverá dende o 28 de xuño ao 6 de xullo en distintos espazos da cidade con protagonismo especial do Auditorio Municipal do Concello e a Praza da Constitución. Este ano ademais conta con actividades complementarias para nenos e maiores entre elas proxeccións, obradoiros musicais ou de cabaret.

Nesta edición os concertos de pago son bastante económicos e terán un prezo de 3€ para os celebrados no MARCO e de 5€ para os do Auditorio Municipal do Concello, o resto de programación será de balde incluíndo as actividades da Academia de Sons, e os concertos ao aire libre, entre eles os da Praza da Constitución e tamén o que cerra o festival, no local Xancarajazz. A continuación deixamosvos coa ampla programación do 9º Festival de Jazz de Vigo.

Programación Imaxinasons 2013

Venres 28 de xuño

TIGRAN: Sensible, ecléctico, versatil, preciosista e, por momentos, histriónico, Tigran utiliza o piano e a súa propia voz dunha maneira fresca e delicada.

  • Ás 21.00 no Auditorio Municipal do Concello
  • Entrada 5€
Sábado 29 de xuñoJAVIER MARCOS TRÍO

  • Ás 13.00 en Detrás do marco (Rúa Londres)

BALDO MARTÍNEZ CUARTETO EUROPA: Para Imaxina Sons é un pracer ser escenario da posta en marcha dun novo proxecto como Cuarteto Europa que reune a algunhas das figuras do jazz continental.

  • Ás 21.00 no Auditorio Municipal do Concello
  • Entrada 5€

Domingo 30 de xuño

SWING SESSION QUARTET

  • Ás 13.00h na Rúa Joaquín Yáñez

SIDE A: Figura relevante do particular caldo de cultivo musical da cidade de Chicago, o saxofonista e clarinetista Ken Vandermark é un home de mil proxectos e formacións.

  • Ás 21.00 no Auditorio Municipal do Concello
  • Entrada 5€
Luns 1 de xullo

CONCERTO DIDÁCTICO ODAIKO PERCUSSION, Academia de Sons

  • Ás 12.00h, Detrás do MARCO
  • Ata completar aforamento

HYPERPOTAMUS: Funk, soul, hip-hop… o xogo vocal de Hyperpotamus crea bucles, loops cos que xoga e surprende á audiencia.

  • Ás 20.30 no MARCO
  • Entrada 3€
Martes 2 de xullo

OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN CON CHEFA ALONSO, Academia de Sons

  • Ás 11.00 no MARCO
  • 15 prazas

MOLIMO, CHEFA ALONSA / BARBARA MEYER / COVA VILLEGAS: A música deste trío de improvisadoras pode definirse como unha viaxe sen miedo para crear texturas asimétricas e suxestivas

  • Ás 20.30 no MARCO
  • Entrada 3€
Mércores 3 de xullo

OBRADOIRO CACHARRÓFONO CON TALLER SONORO PREMUSICAL, Academia de Sons

  • Ás 11.00 no MARCO
  • De 6 a 12 anos, 15 prazas

SSS-Q, SUSANA SANTOS SILVA / JORGE QUEIJO: Nas súas palabras, vagan polos camiños do free jazz e da experimentación promovendo unha relación orgánica entre trompeta e batería.

  • Ás 20.30 no MARCO
  • Entrada 3€
Xoves 4 de xullo

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS DE MANIVELA CON GERMÁN DÍAZ, Academia de Sons

  • Ás 11.00 no MARCO
  • A partir de 9 anos, 25 prazas

MARCELINO GALÁN, THE GIFT: O disco Gift, un regalo para nós e para a audiencia do festival no que Galán demostra de novo o acerto das súas propostas como compositor, acompañado dalgúns dos mellores músicos de jazz do país.

  • Ás 21.00 no Auditorio Municipal do Concello
  • Entrada 5€

DEAD CAPO: Formada en Madrid, a banda Dead Capo é unha das máis orixinais e atrevidas da península co seu proxecto musical amalgama de jazz, swing, rock e vangarda.

  • Ás 23.00 na Praza da Constitución
Venres 5 de xulloCHUS PAZOS TRÍO

  • Ás 13.00 en Ronda de Don Bosco

OBRADOIRO DE CABARET-JAZZ CON IRIA PINHEIRO, Academia de Sons

  • Ás 18.00 no MARCO
  • Maiores de 18 anos, 20 prazas

MOSTLY OTHER PEOPLE DO THE KILLING: Coa imaxe dunha banda de antiheroes irreverentes, Mostly Other People do the Killing resulta do encontro de novos e sorprendentes músicos liderados polo contrabaixista Moppa Elliottt.

  • Ás 21.00 no Auditorio Municipal do Concello
  • Entrada 5€

TORA TORA BIG BAND: En directo esta big band, compendio de culturas de toda Europa, resulta abraiante.

  • Ás 23.00 na Praza da Constitución

Sábado 6 de xullo

SÁBADO DE CINE. A FILM ABOUT KIDS & MUSIC. SANT ANDREU JAZZ BAND, Academia de Sons

  • Ás 11.00h no Auditorio Municipal do Concello

MARCOS SALCINES TRÍO

  • Ás 13.00 en Ronda de Don Bosco

ARI HOENIG TRIO: Ari Hoenig está considerado un dos mellores baterías do jazz mundial.

  • Ás 21.00 no Auditorio Municipal do Concello
  • Entrada 5€

RICHARD GALLIANO TANGARIA QUARTET: O acordeón entrou no circuito mundial do jazz grazas a Richard Galliano (Cannes, Francia, 1950) e na lista de artistas preferentes de Imaxina Sons desde os inicios do festival sempre estivo o seu nome.

  • Ás 23.00 na Praza da Constitución

RAFA FERNÁNDEZ QUINTETO

  • Ás 01.00, no Xancarajazz en Isabel II, 6

Actividades “Academia de Sons”

odaiko-nas-escolas PEQ

Academia de Sons é unha proposta do festival para aprender, experimentar e divertirse. As inscricións faranse a través do teléfono gratuíto 010 en horario de 08.00 a 20.00 de luns a venres e de 10.00 a 14.00 os sábados. O prazo péchase o venres 28 de xuño ás 14.00. Nas actividades con prazas limitadas a admisión será por orde de inscrición. Pecharase a inscrición no momento no que se acade o número máximo de persoas admitidas, recomendamos estar pendentes do seu facebook para enterarse das actividades que están completas.

Máis información en imaxinasons.com

¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑