II Feira de produto de segunda man, ecolóxico e artesán en Gondomar o 30 de xuño
Despois do éxito da primeira feira celebrada en outubro do ano pasado a Cooperativa Nornas Hostel repite a experiencia este domingo 30 de xuño. Neste edición contarán novamente con obxectos de segunda man como roupa, xoguetes e decoración; varias artesáns compartirán o espazo poñendo á venda xabóns, artigos de refugallo, coiro, costura e artigos para bebés.
Tamén estarán presentes dúas experiencias de producción ecolóxica, entre as que se atopa Horta do Val, terán os seus produtos á venda, como fresco da horta, marmeladas, licores e pan; e por último achegarase a Distribuidora Lapsus cos seus libros de análise crítica de diferentes editoriais alternativas.
O domingo 30 de xuño de 12.00 a 21.00
Ademais dos postos de venda tamén se poderá desfrutar de pinchos e bebidas a prezos populares e contarán con acompañamento musical: ás 13.30 poderemos desfrutar dun pase especial do espectáculo de poesía e música de Cinta Adhesiva e durante a feira contaremos con música en directo da DJ Carina Posse. A feira estará aberta dende as 12.00 ata as 21.00. A barra con comida e bebida estará aberta todo o día, por se alguén decide quedarse a xantar nas tumbonas do hostel Nornas.
Nornas Hostel está no Barrio da Igrexa 15, Gondomar (MAPA)
- Máis información en nornashostel.com