Semana do Orgullo LGBT en Vigo ata o 29 de xuño
Coincidindo co Día do Orgullo Lésbico, Gai, Bisexual e Transexual a Concellería de Igualdade e a asociación Nós Mesmas teñen preparadas varias actividades desde hoxe 25 de xuño ata o sábado 29, trátase de actos culturais, festivos e reivindicativos, todas de balde, que se levarán a cabo en varios puntos do centro de Vigo. A continuación podedes consultar todas as actividades.
Martes 25 de xuño
Inauguración da exposición Visibilidade e activismo. Obras da colección Visible de arte LGBT
- Ás 20.00, visitas guiadas os días 26, 27 e 28
- Ata o 21 de xuño na Casa Das Artes (Policarpo Sanz, 13)
Mércores 26 de xuño
Proxección do documental Arte gay busca casa.
- Ás 19.30 na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, Casco Vello)
Xoves 27 de xuño
Acto informativo, graffiti pola diversidade e actividades para a mocidade organizadas pola asociación Nós Mesmas.
- Ás 18.00 na Farola de Urzáiz
Conferencia: A crise e os valores a cargo de Ángeles Álvarez Álvarez
- Ás 19.30 no Salón de Actos do MARCO
Venres 28 de xuño
Conversa: O xénero na construcción da sexualidade con Teresa Moure, Beatriz Suárez e Alfredo Saborido.
- Ás 18.00 na Federación Veciñal (Praza da Princesa)
Performance Over the rainbow a cargo da escola de danza viguesa Media Punta.
- Ás 19.30 en Príncipe
Festa do Orgullo Vigo 2013 con Shangay Lily e os DJs Samantha Calvario e Lano del Rey.
- Ás 22.00 na Praza da Constitución
Sábado 29 de xuño
Contacontos: Unha parella diferente
- Ás 12.00 na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6)
Manifestación Orgullo 2013: Liberdade sen recortes convocada pola asociación Nós Mesmas.
- Ás 19.30 desde a farola de Urzáiz
Festa diversa ao rematar a manifestación
- Ás 20.30 na Praza da Pedra
Máis información en facebook.com/igualdadevigo e nosmesmas.com
Fonte: xornal.vigo.org