Aire libre no image

Publicado el 25 de junio de 2013 | por Fer Martínez

0

Obradoiro gratuíto de horta urbana na Casa da Xuventude nos meses de xullo, agosto e setembro

hortas urbanas PEQ

A Concellería de Xuventude lanza o seu obradoiro para aprender a coidar unha horta urbana. Trátase dun curso gratuíto destinado á mocidade viguesa ata os 35 anos que dura tres meses, nesta ocasión son os correspondentes ao verán.

A horta na que se impartirá este obradoiro está nos exteriores da Casa da Xuventude, en López Mora. Con esta actividade preténdese sensibilizar á mocidade en materia ambiental e de sustentabilidade, dar a coñecer os fundamentos da agricultura ecolóxica,fomentar unha alimentación máis saudable e dotar dos coñecementos precisos para crear hortas de xeito autónomo.

Apúntate xa en xuventudevigo.org

As sesións do obradoiro se farán en xullo, agosto e setembro de 2013. Son un total de 6 sesións de 4 horas cada unha nas que se combinará teoría e práctica. O horario será de 10.00 a 14.00 pero aínda non hai uns días sinalados para as actividades. O obradoiro é gratuíto e inclúe os materiais e ferramentas. De forma complementaria ao obradoiro haberá pequenas actividades de esqueirado, elaboración de marmeladas ou de colonias.

horta PEQ

A preinscrición xa está aberta e realizarase por orde de chegada, cubrindo e enviando o formulario que se atopa en xuventudevigo.org, hai 15 prazas. Unha vez recibidas as prescricións necesarias para cubrir o curso as persoas admitidas serán contactadas por correo electrónico ou por teléfono para recibir o resto das instrucións.

Máis información

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑