“No verán… un conto” co Servizo de Normalización Lingüística de Vigo
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza actividades gratuítas para pequenos e para adultos en distintas localizacións da cidade como prazas, parques e alamedas para este verán. Contan coa colaboración das asociacións veciñais do Casco Vello e Novo Vigo e do centro comercial aberto As Travesas.
Todas as actividades teñen en común a narración, xa que o xeito máis tradicional de aprender e coñecer o mundo é a transmisión oral, estas actividades teñen un importante factor lúdico e tamén didáctico, con este proxecto búscase achegar a lingua e as nosas tradicións a todos os públicos. Cada espectáculo exprésase de xeito distinto, pero sempre é a palabra a que nos leva a distintos mundos.
Programación “No verán… un conto”, do 21 de xullo ao 31 de xuño
Como podedes ver na imaxe, temos máis de 40 actividades programadas en pouco máis dun mes. Cada actividade ten unha cor que indica a idade recomendada para os asistentes, temos actividades para todos os públicos, para nenos, para público xuvenil e adulto. Só queda agardar que o tempo permita levalas a cabo, xa que todas son en espazos abertos.
Máis información en facebook.com/vigo.engalego
- 986 810 281
- ofi.normalizacion@vigo.org