Coñece os obradoiros e cursos de verán de Súbete ó Castro
Xa coñecemos a programación de verán que teñen preparada en Súbete ó Castro, que aínda que non o pareza, está a punto de chegar. Coma sempre ofrécennos obradoiros e cursos moi interesantes para poder pasar as tardes de xullo e agosto desfrutando deste espazo e do Monte do Castro facendo deporte ou desenvolvendo a nosa creatividade. A inscrición xa está aberta para todos, a continuación podes ver a oferta de actividades e as datas de celebración.
Obradoiro de CÓMIC 15, 17 e 19 de xullo
|
Obradoiro de tatuaxes con HENNA o venres 12 de xullo [PRAZAS COMPLETAS]
|
Curso de ZUMBA todos os mércores de xullo
|
Curso de STREET FITNESS todos os martes e xoves de xullo e agosto
|
Curso de ROLLER todos os venres de xullo
|
Curso de SKATE todos os xoves de agosto
|
Para apuntarte tes que ter entre 13 e 35 anos, no caso dos obradoiros podes contactar con Súbete ó Castro a través de facebook mandando unha mensaxe privada, correo electrónico, no 986 485 541 ou pasando por alí persoalmente. A inscrición aos cursos deportivos é presencial. En ambos casos terás que darlles os teus datos: nome completo, idade, teléfono de contacto e correo electrónico.
Súbete ó Castro está no Paseo dos Cedros, preto da pista de bicis do Castro
- De luns a xoves de 16.00 a 20.00
- Venres e sábado de 16.00 a 22.00
- Máis información en facebook.com/subeteo.castro