Gastronomía no image

Publicado el 7 de junio de 2013 | por Fer Martínez

0

Sextas Xornadas do Mexillón con tapas a 1,5€ no Casco Vello de Vigo ata o 29 de xuño

Despois dun par de meses con moitos eventos gastronómicos fora de Vigo, chega o momento de desfrutar dunhas xornadas de tapas no noso casco vello. A partir de hoxe día 7 de xuño e ata o sábado 29 levaranse a cabo as 6as Xornadas do Mexillón, 23 establecementos da zona vella ofrecerán tapas feitas con este saboroso molusco ao prezo de 1,50€ a unidade. Estas xornadas están organizadas pola asociación Vigovello e seguramente farán que moitos pasemos polas rúas da zona vella para tomar un petisco.

Hai moitos locales que xa teñen participado neste tipo de xornadas pero temos algunha nova incorporación como pode ser a de Can Vello, de recente apertura na Rúa Palma. Na imaxe da dereita tedes toda a información, poderedes ver o mapa coas localizacións e un listado dos locais coa tapa correspondente, algunhas moi clásicas como Mexillóns á mariñeira ou Paté de mexillón e outras máis novidosas como Repolo recheo de mexillóns ou Crocante de mexillóns.

Bótalle un ollo a algunhas das tapas no noso facebook

Nós, que sempre asistimos a este tipo de eventos organizados no casco vello recomendamos que teñades un pouco de paciencia, ao xuntarse moita xente algúns locais quedan un pouco desbordados e poden non ser quen de servir rápido ou se lles acaban os ingredientes antes de tempo. Cada vez este tipo de actividades organizadas por Vigovello funcionan mellor e nesta ocasión ofrecen un produto interesante a un bo prezo.

Máis información en facebook.com/vigovello.cca.5

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑







  • Twitter