Festival Primavera do Cine de Vigo do 28 de maio ao 2 de xuño
Estamos a pasar a resaca do Festival de Cans e chega un novo festival de cinema, neste caso no centro da nosa cidade, o Primavera do Cine presentábase esta fin de semana coa proxección das obras gañadoras do ano pasado na praza da Constitución e comeza hoxe a súa programación principal cun coloquio sobre o futuro do audiovisual galego.
Agárdanos unha semana de cine, ata o domingo poderemos desfrutar de curtas, videoclips e longametraxes galegas en tres puntos do centro de Vigo por un prezo moi económico: 2€ a entrada para cada bloque de programación.
Programación do festival Primavera do Cine
Como podedes ver, as longametraxes proxectaranse no Auditorio do Concello e as curtas repártense entre a sala Vigovello e o salón de actos do MARCO, ademais hai unha sección infantil para que os cativos tamén desfruten do festival. O coloquio “Que vai ser do noso cine” levarase a cabo o martes 28 de maio na sala Vigovello ás 20.00 con entrada libre.
Máis información
- facebook.com/primaveradocine
- Auditorio do Concello en Praza do Rei s/n
- Sala Vigovello en Oliva 14, Casco Vello
- Salón de actos do MARCO en Príncipe, 54