VeránXove 2013: programa de campamentos e actividades infantís e xuvenís do Concello de Vigo
O Concello de Vigo, a través do seu programa Verán Xove 2013, pon en marcha os campamentos e actividades da época estival, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Preténdese favorecer o emprego e a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral. Este ano, e como novidade, realizaranse actividades en inglés nos campamentos e ludotecas. Non todas as actividades son gratuítas, pero teñen prezos económicos.
Consulta o programa Verán Xove 2013 en xuventudevigo.org
Dentro da programación de Verán Xove 2013 existen tres grandes bloques de actividades, campamentos urbanos, ludotecas e actividades xuvenís. As actividades de Verán Xove 2013 van dirixidas á poboación infantil e xuvenil da cidade de Vigo. Polo tanto, é requirimento imprescindible estar empadroado no Concello de Vigo. O procedemento para inscribirse varía dependendo do bloque ao que pertenza a actividade.
Campamentos urbanos: actividades na cidade para rapaces e rapazas de Vigo e con idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos, cada unha das actividades teñen un grupo de idade indicado. Preinscrición desde o 3 de xuño ás 10:00 ata o 6 de xuño ás 20.00, consulta o proceso de inscrición detallado na web da Concellería de Xuventude.
Ludotecas: espazos lúdicos e educativos onde aprender xogando. As inscricións: se realizarán presencialmente no espazo elixido e ata cubrir prazas polo que é recomendado ver os enderezos e horarios de cada unha delas.
Actividades para a mocidade: durante todo o verán, o concello ten preparadas actividades para a mocidade, entre elas a apertura do Súbete ó Castro e o Vigosónico que ofrecen internet, wifi, obradoiros e cursos, concertos, xogos de mesa e deporte para os vigueses entre 13 e 35 anos ademais de actividades medioambientais nas Illas Cíes.
Máis información en xuventudevigo.org