Vigo Low Cost é finalista como mellor blog cultural no 2º Festival de Social Media de Galicia
Esta semana recibíamos unha marabillosa noticia: somos finalistas nos Mexilóns e Tuits, o Festival do Social Media de Galicia. Os premios galegos do marketing en medios sociais premian os mellores traballos galegos de marketing dentro das plataformas de comunicación social tales como Facebook, Twitter, Blogs, Youtube, etc. Nós participamos na categoría de Mellor Blog Informativo/Cultural xunto con outros dous candidatos.
Finalistas do 2º Festival de Social Media de Galicia
Mellor Axencia Nasas Social&Media Tuapli tuapli.com Elogia elogia.net |
Mellor Blog Turístico Chavetas chavetas.es Equipaxe de Man Vivir Galicia |
Mellor Campaña en Medios Sociais Xente con Vida Sabores de Ourense Algo está pasando en Mercedes Benz |
Mellor Blog Informativo/Cultural Enxebre Markets Vigo Low Cost Briefing Galego |
Mellor Blog de Moda
Fashion Low Cost Alice Madness María Montesinos |
Mellor Blog Tecnolóxico Galiloxia galiloxia.com Mallando No Android Marketing For E-Commerce |
Mellor Blog Gastronómico Uno de Dos unodedos.com La Cocina de la Lechuza O Bandullo |
Mellor Video Viral The Body Of The Lito & Manuel Manquiña Wanted Selección – Be Happy At Work Rías Baixas Style |
Queremos agradecer ao xurado que votase a nosa candidatura e tamén dunha forma especial aos nosos seguidores pois sen eles esta páxina non funcionaría, ademais recomendámosvos que lle botedes unha ollada ao resto de finalistas. Ademais aínda non sabemos se somos os gañadores! A entrega dos premios será o domigno 2 de xuño en Bueu, se estades interesados en asistir, tedes que saber que o prezo é de 15€ e ademais da asistencia á gala, o xantar, actividades pola tarde, unha visita ao museo Massó e un paseo pola ría.
Máis información